Os funcionarios da Xunta, contra a represión da liberdade de expresión no Estado español

A Xunta de persoal dos Servizos Centrais da Xunta de Galicia emite un comunicado no que critica a dureza do código penal español contra o exercicio da liberdade de espresión e de mobilización.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/02/2018 | Actualizada ás 12:23

Comparte esta noticia

A Xunta de persoal dos Servizos Centrais da Xunta de Galicia vén de emitir un comunicado "a favor da liberdade de expresión e mobilización", como resposta ao "recrudecimento da persecución pola vía penal de certos actos que recordan a outro tempo", din. O texto foi aprobado por ampla maioría, co único voto en contra dos dous representantes do CSIF.

Protestas de profesionais sanitarios no Álvaro Cunqueiro pola falla de liberdade de expresión
Protestas de profesionais sanitarios no Álvaro Cunqueiro pola falla de liberdade de expresión | Fonte: CIG

Os funcionarios recordan que "no Estado español existe un dos códigos penais máis duros da Unión Europea e dos que se utiliza para reprimir a liberdade de expresión, mobilizacións e
organización política, como sufrimos a diario". Porén, "non se emprega tanto para perseguir a corrupción", contrapoñen.

A propia Xunta de Persoal asegura ter visto como "recruou a atitude da Xunta nas últimas mobilizacións", nas que os este órgano de representación foi "de malos modos convidado a abandonar as protestas no seu centro de traballo".

No comunicado feito público este venres, os funcionarios amosan a súa "preocupación polo crecente deterioro dos dereitos fundamentais e criminalización das opinións, manifestacións ou accións políticas". Así, lembran casos de "encarceramento de twitteros/as, titiriteiros, representantes públicos... todo, con dúbidas máis que razoables sobre os fundamentos de dereito aplicados", expoñen.

"Son moitas as condenas e críticas desde diferentes organismos e organizacións tanto de dentro como de fóra do Estado español a esta deriva de perda de calidades democráticas", recordan.

Os funcionarios consideran que esta é "unha deriva cara tempos pasados, onde as tensións sociais se resolven pola vía do código penal, un dos máis estritos de Europa", insisten.

Por último, expresan o seu apoio ás "persoas que sofren a represión do Estado polo libre exercicio dos seus dereitos máis elementais".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Fuilco

Cuando se sueltan ciertas estup ideces se pierde la razón que se pueda tener previamente. El código penal que tenemos es un cachondeo que permite que psicópatas como el violado del estilete o Juana Chaos estén sueltos. En montones de países europeos existe la cadena perpetua sin revisión mientras que aquí todavía la estamos discutiendo con eufemismos.

1 Nexus 6

La libertad de expresión y de mobilización limita al norte con la educación y al sur con el respeto. Quienes suelen "defender" este tipo de "libertades" , a veces confunden esos derechos con la impunidad del insulto y las algaradas callejeras.

1 guelras

Ui, ui, ui, galinha serás, mas a mim cheiras-me a cão... duas frases e ja se che colhe o tempero. Pode-lo fazer melhor, ánimo!