Eucalipto galego para subministrar a maior industria papeleira de Portugal

The Navigator Company mantén o seu interese en deseñar e explotar as súas propias plantacións en Galicia para sortear o veto luso a esta árbore invasora.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/02/2018 | Actualizada ás 12:45

Comparte esta noticia

O interese do xigante da pasta de papel por instalarse en Galicia e explotar aquí plantacións de eucalipto non é novo. En agosto de 2017 dábase a coñecer que The Navigator Company (anteriormente coñecida como Grupo Portucel Soporcel) quería instalarse en Galicia e adquirir grandes plantacións para nutrir as súas industrias portuguesas, ante o veto das autoridades lusas ao eucalipto, logo dos devastadores incendios que sufriu este país.

Unha das plantas de tratamento de papel que The Navigator Company ten en portugal
Unha das plantas de tratamento de papel que The Navigator Company ten en portugal | Fonte: mundopapel.com

Agora, Faro de Vigo decidiu retomar e publicar en pechado (só para os seus subscritores) este tema, que xerou gran polémica en Galicia os pasados meses. Segundo o xornal vigués, a compañía lusa está agora interesada en activar un proxecto propio de silvicultura no noso país.

A reforma portuguesa da lei forestal recolle a prohibición de plantacións de eucalipto até o ano 2030 e só outorgará permisos en casos de "transplantes de áreas que están ecoloxicamente mal localizadas e que non son economicamente rendibles". 

Estas restricións levaron ao gran xigante portugués da pasta de papel, The Navigator Company, a "ollar para outras fontes de floresta e de madeira fóra de Portugal, diferentes das que hoxe utiliza”. "E unha base forte está en Galicia”, indicaran fontes da empresa.

POLÉMICA

Os plans da empresa portuguesa xeraron gran polémica e preocupación en Galicia, tamén azoutada polos incendios forestais e por un tenso debate público sobre as explotacións de eucalipto no noso país e as políticas forestais da Xunta.

Eucaliptos na zona de Cabo Ortegal / Pierre en www.flickr.com/photos/pierrepita/2962116512/
Eucaliptos na zona de Cabo Ortegal / Pierre en www.flickr.com/photos/pierrepita/2962116512/

A aprobación da modificación da normativa que regula a realización de cortas de madeira por parte da Consellaría de Medio Rural provocou grandes críticas entre diferentes sectores. Por exemplo, a Asemblea contra a Eucaliptización denunciou que a Xunta acelerou os permisos de cortas de eucaliptos para favorecer a multinacionais, nomeadamente, The Navigator Company.

Neste sentido, criticou que se teña renunciado á diversificación forestal, produtiva e industrial, para apoiar a especialización a través da expansión da celulosa e o eucalipto, "a costa das nosas paisaxes e da nosa economía". Por iso, denunciou que a nova normativa de Medio Rural "será unha patente de corso para seguir coa eucaliptización na maioría do territorio".

Tamén o BNG alertou do interese da pasteira lusa de investir en Galicia para mercar plantacións de eucaliptos como medio de eludir as limitación para a plantación de eucalipto no país veciño. Así, os nacionalistas denunciaron que esta situación “agudizaría a eucaliptización do monte galego”, que xa acumula 230.000 hectáreas máis das previstas no actual plan forestal da Xunta ata 2032. 

A nova regulación portuguesa para controlar e reducir o eucalipto é unha ameaza á esperanza de Galiza para optar por un monte racional, diversificado, multifuncional e sostible”, advertiu o portavoz parlamentario de Agricultura, Xosé Luís Rivas, que ve no interese da pasteira lusa “unha ameazada engadida que pode converter o noso monte nunha explotación económica propia do século XIX de tintes coloniais”.

O certo é que de concretarse e realizarse os plans de The Navigator Company para asentarse en Galicia e explotar plantacións de eucalipto no noso territorio, abriríase a veda no noso país para as multinacionais pasteiras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

3 A verdade

Anonimucho. Citar artigos da causa e pola causa non é sacar a ninguén da ignorancia, é ser un ignorante. Lee, por exemplo o estudo de Poore e Fries para a FAO, se eres capaz de ler máis de unha carilla claro. Ou mira, fai unha ruta desde Ribadeo a Laracha, baixa ata Santiago, sube por Vilalba e chega de novo a Ribadeo para ver que nin secaron as fontes, nin ardeu, nin as vacas dan leite mentolado... E o José este, mira chaval, os mercados nacionais e internacionais demandan nos próximos 25 anos un aumento do 30% de celulosa para automoción, sanitarios, textil,.... E as madeiras nobles 0. Pero ti segue cirticando o eucalipto e o pino e logo vaite ao Ikea e pide elementos reciclables, fe nómeno.

1 José

Actualizate, falas dun traballo escrito a máquina a principios dos anos 80, como podes ser tan inxebuo. Unha recomendación: no traballo da Commonwealth que avalía as riquezas de Australia, no capítulo sobre as formacións de vexetación dominada polos eucaliptos hai unha revisión profunda sobre o seu carácter pirófilo ( http://webcache.googleusercontent.c...+&cd=4&hl=es&ct=clnk&gl=es) E sobre o do mercado, és tan pai-lán que ti mesmo co teu argumento me das a razón.

2 José

No traballo de 1991 de Albino Prada "Montes e industria. O circuito da madeira en Galicia", publicado pola Fundacion Caixa Galicia, afírmase que "as estruturas do circuito da madeira son causa e efecto das políticas forestais, de xeito que a demanda orienta as políticas e éstas finalmente modelan a estrutura produtiva das matérias primas", de aí que se precisen mecanismos compensatorios en forma de políticas de diversificación para que un territorio non sexa, primeiro, pasto dunha celulosa, e despois, do lume.

3 unmais

Debe ser por iso mesmo que é tan bo que un gobernó independente e non submetido a interés extranxeiros nen das multinacionais, como é o portugués limita a sua plantación, porque son parvos, non?, senon cal e a razón según ti?

2 parrulo

pois para min os seus cartos son benvidos. hai moitas ideas preconcebidas acerca de como funciona al silvicutura. precisamente a presenza desta industria xera postos de traballo e axuda a ordenalo monte.

1 A verdade

E volta a mentir e manipular co tema do eucalipto.... Empezando por clasificala de "especie invasora". Non sería mellor informar de que máis da metade do monte galego non é apto para especies que non sexan frugais como o eucalipto e o pino? Que as frondosas habería que poñelas en terreos ocupados hoxe na maioría pola agricultura (tamén hai eucalipto) xa que precisan de requerimentos maiores? Non habería que informar de que as plantacións de eucalipto ven xestionadas non arden máis que calquera de frondosas? Non sería mellor iso que mentir? Non sería mellor dicir que non existe mercado e valor para a madeira de frondosas que sustente aos PROPIETARIOS forestais de Galicia? Sería...pero para os amigos do alleo iso non queda bonito, mellor acabar coa industria máis rentable que temos e que sustenta o rural sin estar o 90% subvencionada como os gandeiros.

1 Anonymous

Vas de listo, falando de manipulación gratuitamente, pero sen aportar información documentada, científica. Vouche facer un favor e sacarte da túa ignorancia cuns poucos dos moitos exemplos que hai (logo xa ti fas o teu exercicio de negación da verdade): O eucalipto é unha árbore invasora > http://www.galiciaconfidencial.com/... Os incendios aumentan a súa capacidade de invasión > http://www.galiciaconfidencial.com/... Piñeiros e eucaliptos son o que máis arde en Galicia > http://www.galiciaconfidencial.com/... Os eucaliptos reducen a biodiversidade e secan os regatos > http://www.galiciaconfidencial.com/... Datos e ciencia. E agora xa podes empezar co teu negacionismo en 3,2,1... De nada.

2 José

É certo que o mercado da madeira de calidade de frondosas como castiñeiro, carballo, etc., é case inexistente. Tamén é certo que as dinámicas, inercias e vicios do mercado orientan e impoñen as súas necesidades á estrutura da produción de madeira. O caso galego é un exemplo claro: a industria da celulosa acabou por desprazar calquera outra alternativa, primeiro da axenda política, despois da económica e agora, incluso, da emocional, de maneira que aparecen mutantes mononeuronais que a única posibilidade que ven nos nosos montes é o eucalipto.