Anova reivindica a soberanía das mareas municipalistas fronte os intereses partidistas

Aposta por blindar estas candidaturas "tal e como están deseñadas" e convida os partidos que as apoian a aparcar as "lóxicas de coalición".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 17/02/2018 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Anova-Irmandade Nacionalista renovou o seu compromiso coas mareas municipalistas, que cre a "mellor expresión do proxecto" de unidade popular que arrincou en 2012 co nacemento de AGE. Por iso, aposta por blindar estas candidaturas "tal e como están deseñadas", respectar a súa "soberanía" e convida os partidos que as apoian a aparcar as "lóxicas de coalición".

Conferencia Política de Anova en Teo (A Coruña)
Conferencia Política de Anova en Teo (A Coruña) | Fonte: Europa Press

Estas son as principais conclusións da conferencia política (titulada 'República dos Concellos') celebrada este sábado en Teo (A Coruña) pola formación que lidera Antón Sánchez, quen clausurou a xornada chamando a "non dar pasos atrás" nos proxectos de unidade como, ao seu xuízo, sería que se antepuxesen os intereses "de parte" das diferentes sensibilidades que conforman o universo rupturista.

A xornada, orientada a preparar o camiño para as eleccións municipais de 2019 e que contou coa participación dun cento de militantes, serviu para aprobar un documento político no que definen as mareas municipalistas como "a mellor expresión" do proxecto de unidade popular; á vez que chaman a "reforzar" aquelas candidaturas que ostentan gobernos e fomentar o nacemento de novas mareas en lugares onde polo momento non as hai.

Todo iso desde o respecto á súa "soberanía". "Os partidos suman e a participación de persoas sen adscrición partidaria dos movementos cidadáns multiplican. As dinámicas de parte dentro do espazo de En Marea debilitan a construción dunha alternativa liderada pola maioría social", sinala o documento aprobado por Anova.

Así, como expuxo Antón Sánchez durante a intervención que pechou a xornada, a formación nacionalista ve necesario que a configuración das listas electorais estea composta "polas mellores persoas" sen interferencias de cotas de partidos.

Ademais, a formación nacionalista prestará o seu apoio aos encontros orientados a fomentar a coordinación das diferentes mareas, como os celebrados en decembro en Ourense e hai unhas semanas en Santiago. Así mesmo, a pesar de definir as deputacións como "institucións arcaicas", cren que son unha ferramenta que pode ser útil para os pequenos e medianos concellos, polo que chaman a "pelexar" por gobernar os entes provinciais en 2019.

Antón Sánchez apelou a que a do 2019 sexa unha reedición "da primavera de 2015", cando as mareas municipalistas se fixeron con gobernos como o de Santiago, A Coruña e Ferrol; aínda que lembrou que "o camiño da unidade popular" non se cingue ao traballo "nas institucións", senón que non se debe abandonar a presenza "nas rúas".

O rexedor santiagués, Martiño Noriega, tamén interveu no peche do acto, onde lembrou que as candidaturas de unidade popular se deben unicamente "á xente". "Se son outros os que se descolgan serán xulgados pola historia, pero por nós que non sexa", remarcou Noriega, en alusión á aposta clara de Anova polas mareas municipalistas nas eleccións de 2019.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

8 Amni

Na miña familia 5 votaron En Marea ningún deles repite, eu non votei.

7 Bernal Calvo Delaciga

A ver, trolls blocallos, xa vai sendo hora de que superedes o trauma de Amio e asumades a realidade, que levades 6 anos dando moita pena. Ou iso, ou que Zarzuelas Rodríguez vos recomende o seu psicólogo.

1 Lois

Creo que é mellor o ps.quiatra que tratou a Beiras nos 80

2 xacobe

Home, facer unha conferencia nacional e non ser quén de xuntar màis de 50 persoas, que faledes de "dar moita pena" Pois...

3 comunista independentista

Se nos poñemos así, no encontro municipalista do Bloque de onte en Lugo erades 20. Enfín.

4 Meileiro von di Estrít

E máis que levaredes vos dicindo que a culpa de todo o que facedes é do bloque e quen vos contesta son do bloque. Claro que o van ser non deixades mais remedio

6 Lavieja

Cada vez menos, agora non chegan nin a 50 e crearon un novo enfrentamento dicindo que apostan polos liberados muncipalistos, é dicir máis ensimismamento aínda.

5 xacobe

Conclusión: CATRO GATOS.

4 a seita anovada cae

NON SON 100, sinon 47 persoas e delas 12 eran dirixentes da ANOVACIÓN, incluido o tolomancio vello -Vieiras, anda outra vez resoubeando e facendose ver, namentras estanlle a limpar a gaiola do esterco de mono-fate, anda facendose notar decindo outra vez que é o xefe... todos sabemos que o xuiz villanías non vale nada de nada, a cousa esta moi para abaixo a marea esta refluindo, a marea esta podreira, o que di o vello e que están loitando polos seus emonumentos os políticos de marea caeron no carnal, pero xa son poucos os sicofantes aplausadores, soamente 1 persoa era militante anovado que ainda non foi reanovado o mellor e mozo fpg (kungfu-panda) e todo trapallada e todo estafa do social... (Vieiristas a rabuxar), tiñan os militantes facendo círculos onde eran desprogramados mentalmente