Como pode evitar En Marea que as súas distintas marcas propicien que o PP recupere concellos e deputacións

Villares chama a articular "fórmulas instrumentais" para aumentar a presenza das mareas nas deputacións e ofrécese a "mediar" para evitar que se presenten varias mareas municipalistas nun mesmo concello.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2018 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

Queda pouco máis dun ano para as eleccións municipais. Uns comicios nos que se xoga moito En Marea, como espazo alternativo da esquerda, pero tamén, conmo referente para a gobernabilidade local. De feito, a proliferación de distintas candidaturas locais de espazos aliados no Parlamento galego e a independencia de cada un deles pode provocar que o PPdG poida recuperar gobernos municipais e, sobre todo, o poder nas deputacións.

Villares e Ana Seijas
Villares e Ana Seijas | Fonte: Europa Press

Por iso, e para buscar fórmulas que poidan evitar un "caos" de nomes e de marcas das mareas, o partido instrumental, En Marea, ofreceuse a levar a cabo tarefas de "mediación" para evitar que nas eleccións locais do próximo ano concorran nun mesmo concello varias candidaturas de unidade popular. "Se somos os que predicamos a unidade popular, esta ten que empezar pola propia casa", declarou a preguntas dos medios o portavoz da formación rupturista, Luís Villares.

Fíxoo na mañá deste domingo en Santiago, onde se celebra un dos catro encontros municipalistas organizados por En Marea --o resto teñen lugar de forma simultánea en Lugo, Ourense e Pontevedra-- de cara a preparar o camiño das eleccións locais previstas para a primavera do ano que vén.

Nestas reunións, segundo relatou a viceportavoz do partido instrumental e responsable de municipalismo, Ana Seijas, están a participar "máis de 200 persoas" dunhas "60 mareas" co obxectivo de "traballar coordinadas e xuntas" na posta en común de ideas para as eleccións de 2019.

EVITAR A COMPETICIÓN

Unha das metas das forzas rupturistas será, a diferenza do que ocorreu en 2015, evitar que varias candidaturas de unidade popular se presenten nun mesmo concello, como ocorreu en localidades como Lugo ou Ferrol.

Martiño Noreiga, Xulio Ferreiro e Jorge Suárez nun acto de En Marea
Martiño Noreiga, Xulio Ferreiro e Jorge Suárez nun acto de En Marea | Fonte: enmarea.gal

Esta foi unha das cuestións que estiveron sobre a mesa este domingo, como recoñeceu en declaracións aos medios Villares, que apuntou que En Marea se ofrece a abandeirar "a función de mediación" para "buscar puntos de encontro" para concretar unha única candidatura por lugar.

"Estamos seguros de que en 2019 imos conseguir mellorar e simplificar substancialmente os lugares onde houbo candidaturas que concorrían separadas. [...] Non podemos pedirlle á xente que confíe en nós como transmisores da vontade cidadá maioritaria de unidade popular cando nós mesmos non somos capaces de chegar a acordos", sinalou o maxistrado en excedencia.

Ademais, En Marea fixa como reto que "non quede ningún recuncho de Galicia, ningún concello, sen espazo municipalista"; unha meta para a que tamén ofreceu a súa colaboración á hora de "facilitar que quen queira traballar" nunha candidatura de unidade popular "poida facelo en 2019". Así, Villares cifrou en "unhas 50 aproximadamente" as mareas que botaron "a andar" desde o nacemento de "o espazo político de En Marea".

DEPUTACIÓNS

Outro dos retos aos que se enfronta en 2019 o espazo das mareas municipalistas é articular unha fórmula que lles permita sumar a súa forza nos concellos para aumentar a súa representación nas deputacións e, desta maneira, estar en disposición de gobernar os entes provinciais.

Cuestionado por este asunto, Villares recoñeceu que a esquerda rupturista non pode "deixar escapar" a oportunidade de "optimizar" os votos a través de "fórmulas instrumentais" que "permitan sumar para os conxuntos das deputacións".

Deste xeito, o portavoz de En Marea instou a "rendibilizar o esforzo electoral a nivel deputación", unhas institucións "que prestan servizos e que financian os concellos, sobre todos os menos poboados", polo que cre necesario que os entes provinciais "teñan tamén a representación da segunda forza política de Galicia".

RESPONDE A FEIJÓO

Logo das declaracións do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nas que asegurou que as mareas municipalistas converteron "a ilusión" en "decepción" nos seu tres anos de vida; Villares respondeu que as enquisas sinalan que a cidadanía non perdeu a confianza nos proxectos de unidade popular.

"Feijóo debería preguntarse por que na única cidade onde goberna (Ourense) non foi capaz de sacar adiante os orzamentos. Debería preguntarse por que non é capaz de facer cumprir as sentenzas de inhabilitación como no caso do alcalde de Palas de Rei. Feijóo non é capaz de explicar por que a súa mala xestión non é capaz de remontar en ningún dos concellos onde até agora teñen unha representación menguante", espetou.

Ademais, lembrou aos populares que Ourense, a única cidade de Galicia que goberna o PP, "serve como exemplo da incapacidade dun partido que goberna na Xunta e que é incapaz de chegar a acordos con ninguén no ámbito municipal".

Plenario de En Marea.
Plenario de En Marea.
Luís Villares no peche do mitin en Santiago
Luís Villares no peche do mitin en Santiago
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

8 Gamela

Existe un problema previo na mal chamada esquerda... https://i.gal/gamela05

7 Gamela

Algunha Marea debera desaparecer se non queredes entregar tódolos votos ao PSOE de Abel & Carmela http://www.galiciaconfidencial.com/... Pero a quen lle importa unha aldea coma Vicus

6 Panfletismo

Impresionantes as fotografías coas que ilustra a nova este panfleto, como se os vagos e mareantes fosen todo euforia e unidade en vez de puñaladas trapeiras e chiringuitos en pé de guerra.

5 Melena de Viyares

Agora xa é demasiado tarde que van facer botar aos liberados, dimitir todos os cargos publicos e os seguintes da lista resulta que non son igual que eles? La culpaesdelaupegá lalalá

4 O PODREIROS E PEPEIRO

A xente normal xa esta farta de ANOVOS, PODREIROS, MEREANTES e demais CAMANDULAS, estades a engañar a xente, estades a meter o partido populeta no poder, os gobernos das mareas son un desastre como o de HIERROL, coma o de CORUÑEDAS (incluso están a vender picadeiros como "vivendas sociais" e que imos decir de santiAGE de componendas, agora o alcalde e o protagonista de blasfemias cando e o principal mea-pilas do catedralicio católico, o propio -Vieiras di dos seus compañeros que únicamente anda preocupados por METERSE CARTOS NOS PETOS (despois de tomar otalidones e prozac a caldeiradas), resumo; inutilidade, bon vivant de aprobeitadores, expañoleiterismo e corruptelas variadas... A MAREANTE E XA UNHA CARALLADA!!!