Abel Caballero: "Volverei gañar con maioría absoluta, máis da que teño"

Cre que ampliará a súa maioría absoluta en 2019 porque o seu "proxecto" vai máis aló da "sigla" do PSOE e implica a toda a cidade. Volve arremeter contra Feijóo: "Está a tentar deixar a Vigo sen auga"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2018 | Actualizada ás 17:49

Comparte esta noticia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a arremeter contra o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, ao que acusa de "negarlle a auga a Vigo, rebentando a presa de auga de Vigo". "Non é unha metáfora: Feijóo está a tentar deixar a esta cidade sen auga", declarou.

O alcalde de Vigo,  Abel Caballero.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero. | Fonte: Europa Press

Caballero fixo estas declaracións nunha entrevista radiofónica na Cadea Ser este domingo, onde expresou que a xestión do problema da auga na cidade viguesa por parte da Administración autonómica é "destrutiva". "Peor que con Feijóo a Vigo non lle vai a ir nunca. É imposible que lle vaia peor. Non atende a esta cidade, non a atende nada. Cal é a acción da Xunta en Vigo? Se até no tema da auga é destrutiva, se até paga Vigo o transvasamento e nin así o fai; peor é imposible", incidiu o rexedor.

Nesta liña, remarcou que o tema do "transvasamento de emerxencia" de auga á cidade após os problemas rexistrados o pasado outono pola seca evidencia, segundo Caballero, a intención da Xunta de "acosar" a Vigo "como pasou co aeroporto, coa Ave, con tantos temas".

"Eu quero un transvasamento de emerxencia e, máis adiante, a solución definitiva. Pero nin sequera pagándoo Vigo Feijóo o facer", engadiu para logo lembrar que se trata de "unha competencia" da Administración autonómica.

CRE QUE AUMENTARÁ A SÚA MAIORÍA ABSOLUTA

"Volverei gañar con maioría absoluta, máis da que teño". Así de seguro mostrouse Abel Caballero á pregunta de que expectativas ten de cara ás eleccións locais previstas para o ano 2019, onde aspirar a renovar unha alcaldía que ostenta desde 2007.

Así, cre que, máis aló de representar "a sigla" do Partido Socialista, o seu é "un proxecto que a cidade entende como propio, como de cada cidadán". "Só así explica o nivel de voto que teño eu", apostilou.

REFORMA DA CONSTITUCIÓN

O tamén presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) mostrouse moi crítico coas políticas impulsadas polo ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, que, ao seu xuízo, "están a producir un dano grave, non nos concellos, senón nos cidadáns" porque son os municipios quen "prestan servizos centrais e básicos".

Así, avanzou que, se este luns non recibe resposta de Montoro sobre a petición para que desbloquee que os concellos poidan gastar o superávit co que pecharon 2016, convocará "algunha acción" para "mostrar músculo político" desde o ámbito local, a "única" administración "que cumpre cos requisitos de Europa".

Ademais, asegurou que aposta por unha reforma da Constitución que outorgue maior capacidade de actuación ás administracións locais. "Hai tantas demandas que recibimos e que non podemos responder de forma adecuada por non ter a competencia nin o financiamento que os cidadáns ven que a súa calidade de vida non é a que debería ser porque non temos un bo deseño administrativo", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Anonimo

Si lo sabe porque los vigueses son gi li po llas

1 Gamela

Grazas á sumisión da "oposición" Abel pudo vender 40 pisos públicos no Concello máis saneado de toda España !!! Un éxito digno dun lambón e unha cidade secuestrada pola neglixencia dalgúns que ían ser al-ter-na-ti-va e quedaron en simples lacaios... http://www.galiciaconfidencial.com/...