Temas: EMPREGO PARO

Os salarios melloran en Galicia pero seguen sendo os quintos máis baixos do Estado

Un estudo da consultora Adecco sitúa á galega como a cuarta autonomía con máis parados de longa duración, 69.000 persoas.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 19/02/2018 | Actualizada ás 11:07

Comparte esta noticia

O salario medio galego é o terceiro que máis creceu este ano, até alcanzar os 1.471 euros mensuais, cunha mellora de 24 euros (un 1,6% máis). Con todo, a pesar deste incremento, Galicia é a quinta comunidade do Estado con soldos máis baixos.

Operarios, traballadores, obreiros, obra, construción, gabia
Operarios, traballadores, obreiros, obra, construción, gabia | Fonte: Europa Press

Así se desprende do informe 'Monitor Adecco de Oportunidades e Satisfacción no Emprego', que destaca que, se se analiza a serie histórica, estes 1.471 euros, é a remuneración máxima alcanzada na Comunidade galega.

Este estudo tamén advirte de que, se se ten en conta a variación da inflación, obsérvase que o incremento dun 0,1% interanual de hai un ano no poder adquisitivo do salario galego converteuse agora nun recorte do 0,2% (o terceiro máis suave dos 15 que se produciron nas autonomías españolas).

A situación a nivel nacional (menos 1,7% de capacidade adquisitiva), segundo este informe de Adecco, fixo que a capacidade de compra do salario galego gañase 302 euros anuais en comparación coa media nacional.

XORNADA COMPLETA

O 'Monitor Adecco de Oportunidades e Satisfacción no Emprego' sinala que, en Galicia, a totalidade do emprego creado este ano foi a xornada completa. Así, mentres se contrataron 14.500 persoas a tempo completo (máis 1,65), perderon o seu emprego 8.300 traballadores que o facían a tempo parcial (-5,7%), o que supón unha creación total de 6.200 posto de traballo.

En materia de emprego, o documento tamén indica que na Comunidade galega hai 69.000 parados de longa duración, o que supón un descenso do 42% respecto do máximo alcanzado en xuño de 2014 en plena crise (49.100 parados menos).

Agora, esta proporción representa ao 41,1% dos desempregados galegos. Con todo, aínda que no último ano descendeu 2,3 puntos porcentuais, segue sendo a cuarta autonomía con máis paro de longa duración.

TIPO DE CUALIFIACIÓN

Por tipo de cualificación, Galicia é unha das oito rexións nas que se creou emprego en ambas as todas as categorías. En concreto, presenta un incremento interanual de 1,8% no número de ocupados en traballos de alta cualificación (5.600 novos empregos) e un de apenas un 0,1% no dos empregos de media ou baixa (600 contratacións).

Ademais, o estudo aborda os conflitos laborais. Neste ámbito, apunta que Galicia é unha das doce autonomías que rexistra un incremento das folgas. Así, creceron nun 34,3% ao rexistrarse 23,4 folgas cada 100.000 empresas. Para a rexión é o maior número de conflitos en dous anos.

Neste apartado, tamén aumenta a participación. Con 127,1 folguistas cada 10.000 ocupados sitúase como a comunidade con máis participación.

Temas: EMPREGO PARO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta