Temas: FRAGA ETA

Queda en liberdade o preso de ETA que planeou asasinar a Fraga

Karlos Cristóbal, un do tres membros do 'comando Galicia', que planeou asasinar en 1996 ao entón presidente da Xunta, Manuel Fraga, quedou en liberdade este luns, após cumprir 22 anos de prisión.

Por E.P. | BILBAO | 19/02/2018 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

O preso de ETA Karlos Cristóbal, quen foi membro do 'comando Galicia', que planeou asasinar en 1996 ao daquela presidente Manuel Fraga, quedou en liberdade este luns logo de botar máis de dúas décadas en prisión.

O preso de ETA Karlos Cristóbal
O preso de ETA Karlos Cristóbal | Fonte: Europa Press

Cristóbal foi detido en 1996 en Galicia, xunto a outros dous membros da organización terrorista. No momento do seu arresto, os tres detidos tiñan no seu poder abundante documentación con centos de nomes de posibles obxectivos, entre eles Manuel Fraga. A Karlos Cristóbal imputábaselle a súa participación no atentado contra a sede de Telefónica en Bilbao e contra un coche da policía na localidade biscaíña de Basauri.

Finalmente, a Audiencia Nacional condenou a 45 anos de prisión a cada un do tres compoñentes do denominado 'comando Galicia', polos delitos de integración en banda armada, depósito de armas e explosivos con finalidade terrorista, falsificación e conspiración para o asasinato.

Temas: FRAGA ETA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta