Ferido un ciclista após ser atropelado por un vehículo en Coristanco (A Coruña)

Un ciclista resultou ferido ao ser atropelado por un vehículo na mañá deste luns na parroquia de Agualada no termo municipal de Coristanco (A Coruña).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2018 | Actualizada ás 13:37 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un ciclista resultou ferido ao ser atropelado por un vehículo na mañá deste luns na parroquia de Agualada no termo municipal de Coristanco (A Coruña).

Segundo informou o 112 Galicia, o ciclista foi atropelado por un vehículo cando circulaba pola estrada de Coristanco a Santa Comba, ao seu paso pola parroquia de Agualada.

O accidente produciuse sobre as 9,50 horas deste luns cando un turismo atropelou ao ciclista e continuou a marcha, sinalou o 112 Galicia.

O ferido sufriu diversas lesións polo que necesitou asistencia. Por iso, o 061, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias, enviou ao lugar unha ambulancia medicalizada que trasladou ao home, J.S.T., de 41 anos, ao Hospital A Coruña.

Ademais, até o lugar desprazáronse axentes da Guardia Civil de Tráfico para investigar as circunstancias deste sinistro.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta