Máis de 130.000 toneladas de residuos holandeses están sen retirar dos montes de Cabanas desde 2009

A eurodeputada Lidia Senra interpela por segunda vez á Comisión Europea para que se proceda á eliminación dos refugallos, a pesar dunha sentenza de 2017 que confirma a existencia de delicto ecolóxico.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 20/02/2018 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

As 135.000 toneladas de residuo asfáltico depositadas nun monte de Cabanas, están neste concello desde o ano 2009. Os refugallos procedían do porto holandés de Rotterdam e a empresa importadora, Holding Transmediterráneo de Construcciones SL (HTC) depositounos nos terreos agora afectados. No ano 2017 o Xulgado do Penal nº 2 de Ferrol pronunciárase confirmando a existencia dun delicto ecolóxico e daba a orde de retirar calquera residuo presente na zona. En vista do incumprimento da sentenza xudicial, a eurodeputada Lidia Senra presentou por segunda vez unha pregunta á Comisión Europea (CE) sobre estes depósitos contaminantes.

Lidia Senra
Lidia Senra

Senra nesta nova interpelación di que a investigación xudicial recolle que se importaron aos peiraos de Ferrol 800.000Tn de residuos asfálticos procedentes de Holanda. Medio millón de toneladas destes restos asfálticos foron vendidos e empregados en obras de administracións públicas e privadas en Galicia, sen que ninguén informara sobre o cumprimento da directiva para asegurar a descontaminación das superficies contaminadas. Na acutalidade no porto de Ferrol hai unha cantidade de 157.500 toneladas destes refugallos.

Dada a gravidade desta situación e a finalización do proceso xudicial en marcha, a eurodeputada demanda á CE a pertinencia de que considere iniciar una investigación sobre a posíbel infracción do establecido pola normativa comunitaria relativa á xestión de residuos, así como de levar adiante investigacións que clarifiquen en que condicións reais está a ter lugar o tratamento, transporte e depósito de residuos tóxicos entre os Estados membros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Teterello

Lidia deixou a pel neste asunto, foi valente ao tratalo sen pelos na lingua. Cando o PP entrou no 2009 trouxo debaixo da capa este Prestige de negocio sucio e mandou calar a todo o mundo. Todo ben Alberto?

2 Dimisión xa

E como queren que os eleminen rezándolle a un santo ou con medidas curativas naturais. Cando se perde a credibilidade o que pasa é que ata cando pide cousas xustas non lle van facer caso.

1 unmais

¿Queres deixar un comentario?A única persoa que no parlamento europeu fai una pregunta sobre un tema moi serio de contaminación do país por uns refugallos importados ilegalmente, e parece ser que o mais importante é desacreditala. Asi imos de cu e costa arriba, uns a criticar unha iniciativa que é boa porque quen a defende e das Mareas e outros a criticar outra igualmente positiva porque quen a propuxo foi o Bloque e mentres a casa sen barrer

1 votante arrempetido de IU

Situacion paradoxica e propaganda, reanovada de "izquierda expañolenta la unitaria" debería de preocuparse mais dos niveis contaminantes que ten nos mexos, non se fien do que ha, rematado o proceso catalán, coa derrota temporal do nacionalismo catalán, un.ha deputada de podreiros expaña por orde de Waldo das JONS "o coletas" , sacou a lingua a pasear e xa dixo que a época de Carmen santos rematou, e decir o expañolismo xa esta as portas, o veleno de expañol esta traido polo vello -Vieiras e demais adláteres como a bruxa apócimas a antivacinas!

1 comunista independentista

Pero cando votaches ti a IU, Gonzalo? Anda ho, deixa de facer o ridículo un día si e outro tamén. XDDDDD.