A folga na xustiza segue despois de nove horas de reunión, pero as partes volverán reunirse este martes

A folga indefinida que paraliza os xulgados galegos desde o pasado 7 de febreiro prosegue, despois de que Xunta e sindicatos non fosen capaces de achegar posturas despois de nove horas de reunión este luns, aínda que se emprazaron novamente para este martes ás 9,00 horas.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2018 | Actualizada ás 21:36 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A folga indefinida que paraliza os xulgados galegos desde o pasado 7 de febreiro prosegue, despois de que Xunta e sindicatos non fosen capaces de achegar posturas despois de nove horas de reunión este luns, aínda que se emprazaron novamente para este martes ás 9,00 horas.

Aínda que a Xunta mantivo a súa oferta económica, presentou unha proposta con diversas melloras, mentres que os sindicatos na xornada deste luns non expuxeron ningunha alternativa porque acusan o Goberno galego de non ter vontade de negociar.

En declaracións aos medios despois de levantarse do encontro, os representantes da Xunta, encabezados polo director xeral de Xustiza, Juan José Martín, e o seu homólogo en Función Pública, José María Barreiro, acusaron aos sindicatos de "enrocarse na oferta retributiva", mentres que defenderon a súa proposta e confían en que este martes poida haber avances.

Pola súa banda, os sindicatos cualificaron de "patética" a postura da Xunta e ironizaron con que se reuniron desde as 12,00 horas "para nada", salvo a recomendación do "sicario político", como se referiron a José María Barreiro, quen lles emprazou a, "se non están contentos", que se marchen concursar por prazas fóra da Comunidade galega e quen os acusou que estar "a conseguir que Galicia sexa como Venezuela".

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta