A Xunta volve sentar cos sindicatos de xustiza, que prevén máis seguimento da folga pola "indignación"

O Goberno galego achega nova documentación e os sindicatos acusan ao Executivo de "xogar ao divide e vencerás"

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2018 | Actualizada ás 10:59 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Goberno galego achega nova documentación e os sindicatos acusan ao Executivo de "xogar ao divide e vencerás"

Foto Huelga Justicia Para Susana
Foto Huelga Justicia Para Susana | Fonte: Europa Press

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 20 (EUROPA PRESS)

Xunta e sindicatos sentaron de novo na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para tentar buscar unha saída á folga indefinida que, na súa décima xornada efectiva, mantén paralizados os xulgados da comunidade, a razón, segundo os cálculos sindicais, "duns 100 xuízos aprazados ao día en cada cidade", á marxe de miles de procedementos e trámites xurídicos suspendidos.

Tras o fracaso da cita deste luns, que non puxo fin ao pulso entre a Administración e os sindicatos a pesar das máis de nove horas que durou o encontro, Nilo Fernández (SPJ-USO) augurou, en declaracións aos medios previas á reunión, que o seguimento da folga aumentará porque a "indignación" no colectivo de funcionarios xudiciais é cada día maior.

"E subirá desde o 90 por cento", advertiu, antes de manifestar o seu desexo de que este encontro non sexa "unha nova tomadura de pelo". "Nós queremos negociar, iso está claro", aseverou, antes de contrapoñer que a Administración galega, con todo, "non quere negociar, senón manipular á opinión pública".

"Esperemos que hoxe queiran negociar de verdade. E, se non, en nome dos 2.700 traballadores, verémonos obrigados a pedir as dimisións correspondentes dada a magnitude do conflito e que aquí ninguén asume a responsabilidade", manifestou o representante sindical, quen recalcou --ante a insistencia da Xunta de que se "enrocan" na parte retributiva-- en que ningunha das cinco reivindicacións "se vai negociar por separado en ningún caso".

"CADA DÍA MÁIS INDIGNADOS"

Aínda que os sindicatos insistiron en que o vicepresidente, Alfonso Rueda, debería poñerse á fronte das negociacións, a delegación da Xunta segue encabezada polos directores xerais de Xustiza, Juan José Martín, e Función Pública, José María Barreiro, obxecto este último das críticas máis duras dos sindicatos.

"Os compañeiros están cada día máis indignados por frases do director xeral de Función Pública como 'se non estades a gusto, podedes pedir concurso de traslados", advertiu Nilo Fernández, quen advertiu que isto se vai a traducir "nun maior seguimento".

"DIVIDE E VENCERÁS"

A paralización en xulgados e rexistros civís é evidente, segundo os sindicatos, que advirte que non só se trata de atrasos nos xa miles de xuízos suspendidos, senón de declaracións e doutros trámites que demostran a "importancia" do colectivo no funcionamento diario da xustiza galega.

Por iso, lamenta a actitude da Xunta e que "xogue as súas cartas". "Xogan a carta de 'divide e vencerás' tentando cansar á xente, mesmo nos servizos mínimos están a facer o peor posible para tentar enfrontar aos compañeiros, pero os compañeiros non se van a deixar enfrontar", garantiu.

"Imos chegar ata o final", advertiu, antes de constatar que as competencias se transferiron hai 22 anos e que chegou o momento de mellorar as condicións.

NOVA DOCUMENTACIÓN

Antes do arranque da reunión, os sindicatos mostráronse partidarios de que a prensa puidese seguir as negociacións en directo e desde dentro, unha opción que rexeitaron os representantes da Xunta.

Nesta nova xornada, a Administración puxo sobre a mesa nova documentación demandada polo comité de folga, pero, polo menos no arranque, non hai grandes novidades con respecto á proposta presentada este luns e que mantiña a última oferta económica (cunha subida de entre 816 e 1.080 euros ao ano a través do complemento autonómico).

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta