Rexistran en presenza da exparella de Sonia Iglesias unha vivenda, dentro das investigacións pola súa desaparición

Axentes da Policía Nacional rexistran este martes unha vivenda relacionada coa investigación pola desaparición da pontevedresa Sonia Iglesias desde agosto de 2010. No rexistro no inmoble situado na zona de San Mauro, na cidade de Pontevedra, está presente Julio Araújo, que era a súa parella no momento da súa desaparición e pai do seu único fillo.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2018 | Actualizada ás 11:01 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional rexistran este martes unha vivenda relacionada coa investigación pola desaparición da pontevedresa Sonia Iglesias desde agosto de 2010. No rexistro no inmoble situado na zona de San Mauro, na cidade de Pontevedra, está presente Julio Araújo, que era a súa parella no momento da súa desaparición e pai do seu único fillo.

A pontevedresa Sonia Iglesias
A pontevedresa Sonia Iglesias | Fonte: Europa Press

Segundo informaron a Europa Press fontes próximas á investigación, o rexistro nesta vivenda forma parte das pescudas ao redor da desaparición o 18 de agosto de 2010 de Sonia Iglesias.

A última persona que a viu con vida foi precisamente Julio Aráujo, quen para os familiares da desaparecida sempre estivo no punto de mira e chegou a estar imputado, pero o caso arquivouse en abril de 2015.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta