A Xunta destina 550.000€ en propaganda da sanidade e servizos sociais mentres aumentan as denuncias por caos sanitario

O Goberno de Feijóo céntrase nos recursos que pon a disposición das persoas maiores e lembra que leva traballando dende hai anos "na implementación de políticas que permitan situar a Galicia non śo como o mellor lugar para ser neno ou nena, senón tamén para envellecer".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/02/2018 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

550.000 euros, IVE incluído. Iso é o custe dunha nova campaña da Consellería de Política Social da Xunta para facer propaganda só nos grandes grupos mediáticos de Galicia sobre os servizos sociais, asistenciais e sanitarios que lles ofrece aos maiores, entre eles, programas como “Os Maiores Activos” e a difusión doutros “servizos, recursos e prestacións que Xunta ten a súa disposición”. Unhas axudas aos medios que chegan cando máis se intensifican as protestas polo caos na sanidade pública.

José Manuel  Rey Varela no Día do Maior
José Manuel Rey Varela no Día do Maior

No prego de condicións deste concurso figura expresamente que a campaña publicitaria nos medios de comunicacion ten coma finalidade “promover o envellecemento activo das persoas maiores mediante a saúde e a participación proactiva na sociedade civil mediante toda clase de actividades culturais, educativas, de voluntariado, de ocio e tempo libre...)”.

Ademais, aposta por “dar a coñecer e informar ás persoas maiores sobre o catálogo de programas, servizos, recursos e perestacións que a Xunta de Galicia ten para atender as súas diversas necesidades e demandas” e “difundir a información relativa ós programas, servizos, recursos e prestacións que a Xunta ten, de maneira singular para as persoas maiores en situación de dependencia ou con discapcidade”.

MOBILIZACIÓNS CIDADÁNS

Un paquete publicitario que chega, ademais, nun momento de gran contestación social ante os graves problemas que están tendo servizos públicos esenciais como a Sanidade ou os servizos sociais, con manifestacións convocadas por plataformas como SOS Sanidade. 

A vellez comeza a ser habitual nas zonas rurais, onde vive a xente maior e marcha a máis nova
A vellez comeza a ser habitual nas zonas rurais, onde vive a xente maior e marcha a máis nova | Fonte: Matteo Bertolino

Precisamente, para contrarestar iso,  lembra que leva traballando dende hai anos "na implementación de políticas que permitan situar a Galicia non śo como o mellor lugar para ser neno ou nena, senón tamén, para ser o mellor lugar para envellecer dun xeito saudable e atuónomo, conferindo visibilidade aos nosos maiores”.

“IMAXE NORMALIZADA” DOS MAIORES

Deste xeito, un dos obxectivos da campaña é “mellorar a imaxe social das persoas maiores”, promovendo a superación dos estereotipos sociais negativos vinculados ao envellecemento e fomentando a difusión e proxección dos valores positivos asociados a esta etapa da vida. E, tamén, “proxectar unha imaxe normalizada e revalorizada das persoas maiores como transmisoras de coñecementos útiles para o avance social de Galicia”.

“Trátase de promover e valorizar a participación activa das persoas maiores nos distintos ámbitos da sociedade, aportando os seus coñecementos e experiencias, en especial no ámbito socioeconómico e profesional”, indica o prego de condicións do concurso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Anti..

Outros por estragar cartos pra facerse publicidade nos xornais de papel ou interner xa están investigados polos xuizes ou en estremera. A que agarda a UCO pra darse unha volta polo goberno galego?

1 Retrinco

A Xunta debería aprender de Abanca e poñer publicidade en GC, Sermos Galiza, Praza Pública e outros medios de esquerda nacionalista e rupturista. Mentres tanto, caña, caña, caña.