Ilesos os ocupantes dun autobús escolar após perder os freos e caer por un pequeno terraplén en Cuntis (Pontevedra)

Tras o sinistro bloqueáronse as portas, polo que os nenos, a coidadora e o condutor saíron polo portelo de emerxencia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2018 | Actualizada ás 11:41

Comparte esta noticia

Os ocupantes dun autobús escolar, media ducia de nenos; o condutor e unha coidadora, resultaron ilesos após perder o autocar os freos e precipitarse por un pequeno terraplén no termo municipal de Cuntis (Pontevedra).

Autobús
Autobús | Fonte: wikimedia

Segundo informaron a Europa Press fontes da Consellería de Educación e do 112 Galicia, o accidente tivo lugar sobre as 9,10 horas deste martes no lugar de Zo, no municipio de Cuntis, cando o autobús ía marcha atrás e chocou contra un muro após perder os freos e precipitarse por un pequeno terraplén.

Debido ao sinistro deste autobús, que se dirixía ao CPI Aurelio Marcelino Rei García de Cuntis, bloqueáronse as portas, polo que os ocupantes saíron polo portelo de emerxencia, concretou Educación.

Finalmente os escolares foron levados ao CPI Aurelio Marcelino Rei García de Cuntis por familiares, concretou o servizo de emerxencias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta