Retegal publica a licitación para a compra e instalación das cámaras de vixilancia contra incendios

O operador público Retegal publicou a licitación para adquisición e instalación das cámaras que integrarán a rede de vixilancia dos espazos forestais.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2018 | Actualizada ás 18:38 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O operador público Retegal publicou a licitación para adquisición e instalación das cámaras que integrarán a rede de vixilancia dos espazos forestais.

Incendio forestal este luns na Serra de San Mamede
Incendio forestal este luns na Serra de San Mamede | Fonte: Europa Press

Está previsto que en maio deste ano estea operativa unha primeira fase do sistema, segundo lembra a Xunta a través dun comunicado, no que asegura que "permitirá monitorizar o 48% do territorio, incluíndo terreos das 73 parroquias de alta actividade incendiaria".

A nova rede despregarase aproveitando as infraestruturas de Retegal. Nesta primeira fase, instalaranse cámaras en 34 centros de telecomunicacións do operador público, que facilitarán cobertura visual de 1,4 millóns de hectáreas, case a metade do territorio galego, segundo os datos que achega a Xunta.

Os obxectivos son a vixilancia remota e servir de apoio na extinción de incendios. A posta en marcha e o mantemento de toda a rede conta cun investimento de case 2,03 millóns até 2022.

BEARIZ (OURENSE)

Por outra banda, a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, recibiu este martes en San Caetano ao alcalde de Beariz (Ourense), Manuel Prado, para atender as súas demandas.

En concreto, segundo informa a consellería nunha nota de prensa, avanzaron na posibilidade de colaborar na adquisición dun tractor con rozadora para a limpeza das fajas de xestión de biomasa.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta