Unha versión cursi da Marcha Real

Despois de escoitar a unha cantante de música lixeira a versión un tanto cursi que fai sobre sobre a Marcha Real, proclamada himno de España polo franquismo, afiánzome un chisco máis na idea de que somos un Estado que, no tocante a súa simboloxía ten moito que mellorar, para ser un pais serio e non soio de pandereta, touros e españoleo barato.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 22/02/2018

Comparte esta noticia
E digo isto, pois o chamado himno nacional, por moitos decretos e ordes que se fagan non deixa de ser unha marcha militar, que non a partitura que tiña que nacer  do apego e a querencia do sentir do conxunto do Estado. Intentos varios  houbo de poñerlle texto á devandita marcha. Mais  todos quedaron no esquecemento, trunfando somente as que  popularmente  se coñecen: na na na na na..;  chin ta ta chin ta..., ou Franco Franco...
Os cantos representativos dos pobos e a nacións xeralmente nacen primeiro dun texto. Texto  case sempre  atribuido a poetas ou bardos que peneirando e xogando coas verbas saben recoller o sentir dos pobos e as xentes que conforman o conxunto.  E posteriormente os músicos poñen as notas e fan as harmonías. O Demais son enxendros que poden funcionar, pero que raras veces o consiguen. 
 
Sei que hai casos nos que así se fixo e funcionaron. O caso Alemán pode ser un bo exemplo, pois toma a música dun  movento lento e solemne  dun cuarteto de cordas de Joseph Haydn. Pero raros son os que nacenron así.
 
Os himnos teñen unhas características  para que sexan admitidos como algo representativo dun país ou  Estado. E non todo vale para ser un himno e menos as letras cursis como é o caso. Por iso o  primeiro é ter  un texto apropiado que realce valores e virtudes. O segundo unha música nunha tonalidade cómoda para que o común da xente o poida cantar. Pois a pretensión dun himno é  que sexa cantado e sentido polo maior número de persoas posible. Desa maneira  estase asumindo e, en certa medida, vivindo o que se dí nel.  Por iso o texto e música teñer que expresar sentimentos e querencias comúns de todos os habitantes que conforman o conxunto. De non ser asi, o mellor e deixalo sen texto que  é como naceu. 
 
En fin,  a versión que fixo a Sra. Marta Sánchez  non deixa de ser unha versión un tanto cursi e americanizante. Unha versión   cantada para o lucimento persoal dunha solista nun momento no que hai certa sensibilidade sobre determinadas cuestións políticas; cuestións referidas   sobre o dereito de  pobos e nacións que conforman o conxunto do  Estado. 
 
E por último, dicir que, o que máis me chama a atención deste asunto, e o oportunismo partidario  e  a contestación do presidente do goberno Sr. Rajoy  e do socio  Sr. Rivera. Os dous case ó unísono amosan claramente o sentir partidario e oportunista de apropiarse dos beneficions de tal versión musical, cando un símbolo debe estar por riba das ideoloxías e oportunismos partidarios. E o segundo é que teñen un gusto musical casposo e raquítico. Polo que, parece que España segue a ser soamente dos que a entenden  dunha  determinada maneira e lles gusta un himno que arrecende a unha época escura da nosa historia común. En fin, esta versión será esquecida como tantas outras  e  seguiremos  escoitando  a letra  coas onomatopeias que lle poñen  os   grupos humanos  berrando nos estadios.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com