Temas: CHANTADA

Renovada imaxe para as “Mariñeiras”, as galletas 100% galegas

A sociedade Lugar da Veiga S.L.L., con sede en Chantada, dálle unha volta á imaxe das súas coñecidas Galletas Mariñeiras. Esta empresa é un exemplo de produción responsable en Lugo e en Galicia e tamén de defensa da calidade e do idioma galego.

Por X.M. Fernández | Chantada | 22/02/2018 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

As Galletas Mariñeiras son unha adaptación moderna do “pan de barco ou biscoito de barco”, unha solución moi antiga dos mariñeiros para conservar o pan nas longas travesías oceánicas de forma natural. E é unha receita galega nun produto 100% galego que se fabrica nunha empresa de Chantada que xa é todo un referente no sector.

Nova imaxe das galletas Daveiga
Nova imaxe das galletas Daveiga

Son xa unha marca consolidada en Galicia, comezan a selo no veciño Portugal e están introducíndose tamén en países como Australia, Eslovenia ou Lituania. Un produto de alta calidade que parte dun bo facer que nace co proxecto empresarial “DAVEIGA produción responsable” da sociedade Lugar da Veiga S.L.L. alá polo ano 2005. Nese ano centráronse no desenvolvemento do produto e ao ano seguinte saíron xa ao mercado.

PRODUCCIÓN RESPONSABLE

Neste bo facer hai un concepto que marca a filosofía do proxecto: produción responsable. Incorporan este concepto para garantir ao consumidor unha calidade e seguridade alimentaria apostando por materias primas naturais e de calidade, apostan pola economía social podendo os traballadores participar no proxecto se o desexan e adquiren compromisos de carácter ambiental e socioeconómico coa súa contorna local. Tamén destaca o seu compromiso co idioma galego nas súas etiquetaxe.

Doce anos despois o proxecto non para de medrar e as Mariñeiras son xa un clásico nos fogares galegos. Da fábrica de Chantada saen actualmente unhas 19.000 bolsas ao día e van aumentando as variedades no mercado, con especial atención tamén á súa liña de produción ecolóxica.

Distintas imaxes que terán as galletas Daveiga
Distintas imaxes que terán as galletas Daveiga

Pensando nesta traxectoria, a sociedade pensou que era bo momento para renovar a imaxe e púxose mans á obra. Tras un tempo de probas validouse a nova imaxe e xa se empezan a ver nos liniais de grandes superficies e comercios as novas bolsas nas que destaca un “mariñeiro” no frontal transparente que permite ver as galletas no interior. Será, pois, a novo icona identificativa do “pan sen miolo” que non pode faltar en cada casa para comer só ou acompañado.

Temas: CHANTADA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 Kaiser

Claro, "Galletos Mariñeiras"

1 Ana de Vilatuxe

Unha mariñeira nas Mariñeiras estaría ben 😉 Pero xa se sabe...os bombeiros, os inxeñeiros, os barrendeiros, os mariñeiros todos son homes 😜 ata as Mariñeiras 😂

1 cesc

Pois claro que si.

2 Papuxa

Efectivamente

3 Kaiser

Queremos galletos, muchos galletos...