A cifra de negocios do sector servizos sobe un 7,8% en Galicia en 2017 e acumula catro anos de incremento

O emprego avanza un 2,3% na Comunidade, menos que a media en España

| 21/02/2018 | Actualizada ás 14:08 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A cifra de negocios do sector servizo subiu un 7,8% en Galicia en 2017, máis que a media de comunidades (+6,3%), segundo datos que publica este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Deste xeito, Galicia rexistra a cuarta maior subida entre comunidades, só superada por Navarra (+9,2%), Madrid (+8,3%) e Castela-A Mancha (+8%).

Así, Galicia acumula catro anos consecutivos con datos positivos na facturación de servizos, após 2016 (+8,8%), 2015 (+4,9%) e 2014 (+2,6%). O último ano con decrecemento foi 2013 (-2,6%).

Respecto ao emprego, na Comunidade galega houbo un incremento do 2,3% en 2017, menos que a media (+2,6%). O persoal ocupado subiu tamén todas as autonomías, especialmente en Murcia (+4,6%), Baleares (+3,8%) e Cantabria e Navarra (+3,7% en ambos os casos).

O emprego tamén suma catro exercicios seguidos con crecemento na Comunidade, con 2017 á cabeza nas subidas.

No tocante ao mes de decembro, houbo un avance na cifra de negocios do 1,5% en Galicia, menos que a media (+4,4%). Na ocupación a alza foi do 2%, tamén por baixo do 2,3% en España.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta