As relacións de cargos do PP co narcotráfico, detrás do secuestro do libro 'Fariña'

O exalcalde do Grove José Alfredo Bea non é un calquera. O seu nome apareceu en sumarios xudiciais relacionados co narcotráfico nun momento no que persoas vinculadas con Alianza Popular --hoxe PP-- coqueteaban co contrabando e o narcotráfico en toda a comarca da Arousa.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 21/02/2018 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

Estamos no en 2018 e aínda se seguen secuestrando libros, como na Ditadura de Franco. Desta volta foi “Fariña”,  do xornalista e escritor Nacho Carretero, e que se converteu nun best-seller á raíz da serie televisiva que leva o mesmo nome. E quizais foi iso o que motivou que o exalcalde do Grove, José Alfredo Bea Goldar, presentara unha querela por calumnias contra el e a retirada do libro. Un feito que acaba de considerar un xulgado de Madrid.

Grandes narcos de Galicia: Sito Miñanco, Manuel Charlín, Laureano Oubiña, Marcial Dorado e Pelopincho
Grandes narcos de Galicia: Sito Miñanco, Manuel Charlín, Laureano Oubiña, Marcial Dorado e Pelopincho

A editorial Libros del KO, que publicou a obra, mostrouse "sorprendida" pola decisión xudicial que ordena o secuestro da obra, dado que  son "dúas liñas" sobre un exalcalde nun total de 400 páxinas. O avogado de Bea, Rogelio Turrado, asegurou aos medios que a querela foi por "un delito de calumnias" cara a o seu representado polas afirmacións no libro nas que atribúe a Alfredo Bea a  comisión de feitos delituosos relacionados co narcotráfico galego polos que foi "totalmente absolto" polo Tribunal Supremo en 2006.

Pero, quen é Alfredo Bea?

Bea Gondar foi un dos homes fortes de UCD na provincia de Pontevedra. Nas municipais de 1983 foi elixido alcalde do Grove por Convergencia de Independientes de Galicia, pero pasouse pouco despois con todos os concelleiros a AP –actual PP--.  

Volveu ser elixido alcalde do Grove en 1991 como cabeza de lista da Agrupación Vecinal Independiente (AVI), pero non chegou a tomar posesión, pois foi destituído o 20 de xuño de 1991 logo de ser encarcerado pola súa presunta relación cun alixo de cocaína. Foi condenado por un delito de branqueo de diñeiro procedente do narcotráfico en 2005.

Un dos fotogramas da serie Fariña, que se basea no libro incautado
Un dos fotogramas da serie Fariña, que se basea no libro incautado

Nesa sentenza da Sala do Penal da Audiencia Nacional abosolvíase ao abogado e tamén fundador de AP Pablo Vioque Izquierdo --xa implicado en varias causas de narcotráfico-- e condenabase ao ex alcalde do Grove, José Alfredo Bea Gondar, dun delito de branqueo de diñeiro procedente do narcotráfico.  No caso de Bea Gondar, a sentenza consideraba probado que polo menos nunha ocasión viaxou de Madrid a Burgos para entregar unha maleta con diñeiro na sucursal do Banco Espírito Santo.

"Esta sentenza, que é o dato ao que Carretero se refire, foi recorrida en casación ante o Tribunal Supremo que, en abril de 2006, absolve completamente a José Alfredo Bea, así como a outras persoas, polos delitos que foran condenados", sinalou o seu letrado para xustificar a petición do secuestro do libro.

RELACIÓN CON VIOQUE E A FAMILIA COLOMBIANA TUATY

Na investigación dese caso, dábase conta de que Bea Gondar e o colombiano David Tuaty coñecéronse en Colombia a finais da década do oitenta cando o ex alcalde do Grove foi desaloxado da alcaldía por unha moción de censura e emigrou a Sudamérica. Tuaty, que oficialmente se dedicaba á pesca do camarón, estivo investigado pola DEA americana polas súas relacións co cartel de Cali na exportación de marihuana e cocaína a EE.UU.

Logo dunha operación policial, Tuaty decidiu emigrar a España e instalarse en Marbella, onde, segundo investigacións policiais continúou lavando o diñeiro do narcotráfico colombiano. Unhas veces por conta propia e outras por encargo doutros vellos coñecidos do sector. E foi entón cando volveu atoparse a Bea Gondar, na marisquería que este rexentaba en Majadahonda (Madrid).

Foi aquí tamén onde coñeceu a Pablo Vioque, que acababa de lograr a liberdade provisional tras ser detido pola operación do Dobell e trataba de buscarse a vida noutros negocios afíns, nos que contaba cunha acreditada experiencia. 

“RESISTE ALFREDO, AP ESTÁ CONTIGO”

A comezos dos 90, o hoxe presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, paseouse por esta localidade nun autobús cargado de militantes populares con bandeiras de AP e pancartas que rezaban “Resiste Alfredo, AP está contigo”.

Hai uns anos, o narcotraficante de Cambados Laureano Oubiña afirmaba nunha entrevista á revista Vanity Fair que no seu día financiou tanto a AP "cando Manuel Fraga estaba ao temón", como aos centristas de Adolfo Suárez. Unha revelación que non colleu por sorpresa a moitos logo da vinculación do ex secretario xeral do PPdeG, Pablo Crespo, co financiamento irregular do PPdeG nos anos noventa. Crespo tamén foi xulgado pola súa participación na rede Gurtel de financiamento ilícito do PP e tamén está  implicado nos chamados Paradise Papers.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Gamela

Agardamos VER a serie Fariña que en breve debera ver a luz en ATRESMEDIA ! A ver se non temos que marchar a Suíza... coma outras que agora cambiaron o flequillo pola melena!

2 Antonimo

Rajoy que asquito das

1 Galaic

Non é secuestro e detención ilegal e ata o de agora o facían organizacións criminais entre iles grupos terroristas non xuizes. Voltamos ao tempo do franquismo e a sua censura cando non lle convén a oligarquía política ou económica.