O xuíz estima unha demanda de CIG contra o convenio de Vitrasa por pagar máis barato as horas extra que as ordinarias

O Xulgado do Social número cinco de Vigo estimou unha demanda interposta pola CIG de impugnación do convenio colectivo de Vitrasa, e anulou os apartados correspondentes aos valores de horas extraordinarias dos anos 2016 e 2017 "ao ser inferiores ao valor da hora ordinaria".

VIGO | 21/02/2018 | Actualizada ás 15:27 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Xulgado do Social número cinco de Vigo estimou unha demanda interposta pola CIG de impugnación do convenio colectivo de Vitrasa, e anulou os apartados correspondentes aos valores de horas extraordinarias dos anos 2016 e 2017 "ao ser inferiores ao valor da hora ordinaria".

Tal e como consta na sentenza, á que tivo acceso Europa Press, a CIG presentou a demanda contra a empresa Vitrasa e os sindicatos que subscribiron o convenio, concretamente CC.OO., UXT e USO.

Así, censuraba que no referido ás horas extra o convenio non respecta o Estatuto dos Traballadores, xa que o prezo é "inferior ao da hora ordinaria"; cuestión que o sindicato tamén denunciou en 2015 ante a Inspección de Traballo.

O maxistrado estimou agora a demanda da CIG e condenou a todos os demandados "a estar e pasar por esta declaración" sobre as horas extra. Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

PACTAR UN NOVO PREZO

En relación con esta sentenza, a CIG emitiu un comunicado polo que, após criticar que nin a Inspección de Traballo nin a Xunta fixeron "nada para corrixir esta situación" cando o denunciou, explicou que agora a empresa terá que pactar coa representación sindical dos traballadores un novo prezo para as horas extraordinarias.

O sindicato tamén engadiu que outros aspectos polos que non ratificou o convenio foi a súa excesiva duración (2015-2020), a "escasa contratación" á que se comprometía a empresa e a "insuficiente" redución da xornada anual"; ademais, indicou que "a seguinte cuestión a resolver é o abuso que sofren os traballadores eventuais e a contratación fraudulenta".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta