Sete detidos en relación a unha moza atopada morta en decembro de 2016 nun encoro ourensán

Investigan un suposto caso de prostitución en relación á morte da moza, de orixe suramericana

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2018 | Actualizada ás 16:01 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo a sete persoas na localidade de Grou, no municipio de Lobios (Ourense), no marco das investigacións iniciadas após a aparición do corpo dunha muller de 21 anos no encoro de Lindoso (na fronteira con Portugal) en decembro de 2016.

Fontes próximas á investigación explicaron a Europa Press que a operación, que se atopa baixo segredo de sumario, segue aberta e no marco das pescudas procedeuse a rexistrar vivendas nesta localidade de Lobios, polo que non se descarta que poidan producirse novas detencións.

A Policía Nacional investiga no marco desta causa un suposto caso de prostitución en relación á morte da moza, que era de orixe suramericana.

Pola súa banda, fontes xudiciais sinalaron que os detidos pasarán a disposición xudicial nas próximas horas no Xulgado de Instrución de Bande, por ser o máis próximo onde sucederon os feitos.

A actuación policial comezou coa aparición do corpo dunha muller de 21 anos, de orixe suramericana, flotando nas augas do encoro de Lindoso o 10 de decembro de 2016.

APUNTARON A UN SUICIDIO

Unhas persoas atoparan ás beiras do río, preto do lugar coñecido como Ponte da Malleta, varias pezas e un teléfono móbil que pertencían á falecida e avisaron ao 112. Tamén confirmaran ver o corpo flotando nas augas.

Nun primeiro momento apuntouse a posibilidade de que a muller se suicidase, pero agora a investigación apunta a un suposto caso de prostitución.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta