Chega a comisaría a parella de Sonia Iglesias

O que foi parella de Sonia Iglesias, Julio Araújo, chegou pouco antes das 17,00 horas á comisaría de Pontevedra, en Joaquín Costa. Acudiu até este punto acompañado do seu irmán, David, quen se foi pouco despois, aínda que está previsto que preste declaración tamén como investigado ás 18,00 horas.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2018 | Actualizada ás 17:23 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O que foi parella de Sonia Iglesias, Julio Araújo, chegou pouco antes das 17,00 horas á comisaría de Pontevedra, en Joaquín Costa. Acudiu até este punto acompañado do seu irmán, David, quen se foi pouco despois, aínda que está previsto que preste declaración tamén como investigado ás 18,00 horas.

Foto: Investigado Sonia Iglesias
Foto: Investigado Sonia Iglesias | Fonte: Europa Press

A continuación chegou até a sede policial o avogado de Araújo, Jesús Santaló, quen confirmou que o home está investigado por detención ilegal, o mesmo delito polo que xa se lle imputou no seu día.

Antes da declaración, explicou que van esperar a ver como se desenvolve a comparecencia para decidir se declara ou non. "Isto é un pouco precipitado", dixo o letrado.

Cuestionado polos xornalistas xusto antes de acceder á comisaría acerca de se lle sorprende que o seu cliente volva figurar como investigado na causa pola desaparición de Sonia Iglesias, respondeu que "un pouco si".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta