Gonzalo Caballero: "Unha democracia sen liberdade é unha democracia que non existe"

O secretario xeral do PSdeG defendeu a liberdade de expresión tras a retirada dunha mostra sobre presos políticos de Santiago Sierra no Arco de Madrid.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2018 | Actualizada ás 11:16

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, fixo este xoves unha defensa da liberdade de expresión, un "alicerce fundamental" en calquera sociedade, e asegurou que "unha democracia sen liberdade é unha democracia que non existe".

O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, con Leiceaga nos almorzos
O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, con Leiceaga nos almorzos | Fonte: Europa Press

O líder do PSdeG arrincou deste xeito a súa intervención nos almorzos do Fórum Tribuna Europa en Santiago de Compostela, evento no que foi o encargado de presentar ao portavoz parlamentario e presidente dos socialistas galegos, Xoaquín Fernández Leiceaga. Unha alusión ao acontecido na feira de arte Arco de Madrid, na que se ordenou a retirada dunha mostra sobre presos políticos --nos que figuraba os Jordis e Junqueras-- no Arco de Madrid.

Na súa intervención, o tamén profesor de economía aplicada da Universidade de Vigo (Uvigo) defendeu a liberdade de expresión como "alicerce fundamental para a actividade e a vida democrática en calquera sociedade e tempo moderno". "Desde esa perspectiva no mundo da arte, no mundo da literatura, na política, na ciencia... os socialistas defendemos a liberdade", incidiu.

E é que, segundo destacou, "o socialismo é liberdade" e esta é fundamental para "avanzar e evolucionar" a través das "mellores ideas de progreso". "É fundamental para facer ciencia, traballo académico, investigación para expor ideas e proxectos de país en calquera sociedade", apuntou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pondaliao

Por iso permitides (traidora abstención) que goberne o Partido Podre e aplicades a represión co 155