Banco Mediolanum aumentou o seu patrimonio xestionado en Galicia un 30,7% en 2017

Xestionou un total de 397,3 millóns cunha rede de 84 asesores na comunidade

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2018 | Actualizada ás 12:17 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Banco Mediolanum alcanzou os 397,3 millóns de euros de patrimonio xestionado en Galicia ao peche de 2017, cifra que supuxo un aumento do 30,7% respecto de 2016, o maior rexistrado en todo o país.

Responsable de Mediolanum na Zona Norte, Ivonne Pousa
Responsable de Mediolanum na Zona Norte, Ivonne Pousa | Fonte: Europa Press

Segundo informou este xoves o banco, especializado en asesoramento financeiro, o número de clientes na Comunidade galega ascendeu ao longo do ano até os 10.710, un 7% máis respecto ao exercicio anterior, mentres que a rede de 'family bankers' alcanzou os 84 profesionais, un 9,1% máis, a segunda cifra máis elevada de España.

A responsable da entidade na Zona Norte, Ivonne Pousa, destacou que Galicia é unha das comunidades que experimentou un maior crecemento no últimos tres anos, un 86,7%, dato que atribúe á confianza que obtivo o banco entre os usuarios.

"Trátase dunha zona con moito potencial", destacou Pousa, que avanzou que seguirase traballando para que Galicia se converta nunha das máis significativas para a entidade en volume de negocio.

ACTIVIDADES EN GALICIA

No marco da súa aposta por "involucrarse cos cidadáns das zonas onde opera", Banco Mediolanum reivindica que levou a cabo 50 eventos en Galicia, con preto de 9.500 asistentes que participaron en charlas, eventos deportivos, lúdicos ou culturais.

En 2017, o banco destaca que mantivo "un elevado nivel de solvencia", cun CET1 do 32,89%, situándose "entre as entidades máis sólidas da banca española".

No conxunto de España, a entidade obtivo ao peche do ano uns recursos totais de clientes de 4.711,3 millóns de euros, un 19,8% máis respecto ao exercicio de 2016.

Banco Mediolanum forma parte de Grupo Mediolanum, grupo bancario europeo que está presente, ademais de en España, en Italia e Alemaña, sumando máis de 1,3 millóns de clientes.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta