Leiceaga (PSdeG) descártase como candidato á Alcaldía de Santiago e asegura que o seu "horizonte" está no Parlamento

O portavoz dos socialistas na Cámara galega, Xoaquín Fernández Leiceaga, descartouse como candidato á Alcaldía de Santiago de Compostela e asegurou que o seu "empeño e horizonte" está no Parlamento de Galicia.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2018 | Actualizada ás 13:48 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O portavoz dos socialistas na Cámara galega, Xoaquín Fernández Leiceaga, descartouse como candidato á Alcaldía de Santiago de Compostela e asegurou que o seu "empeño e horizonte" está no Parlamento de Galicia.

Gonzalo Caballero e Leiceaga nos almorzos
Gonzalo Caballero e Leiceaga nos almorzos | Fonte: Europa Press

Leiceaga respondeu deste xeito a unha pregunta formulada durante a súa intervención no Fórum Tribuna Europa, no que foi presentado polo secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, quen definiu ao socialista compostelán como un "gran portavoz parlamentario e un magnífico deputado".

Así mesmo, o líder dos socialistas galegos asegurou que Leiceaga "sería un magnífico presidente da Xunta, sería un magnífico conselleiro de Economía e sería un magnífico alcalde de Compostela".

Respecto diso, Fernández Leiceaga chanceou co feito de que o líder do PSdeG "non vota en Santiago" e deixou claro que o labor que desempeña actualmente na Cámara galega é o que quere "facer". "Entre outras cousas porque me comprometín cos cidadáns a facela. Por tanto, ese é o meu empeño e o meu horizonte", incidiu.

Por último, lembrou que no Partido Socialista de Galicia correspóndelle á militancia a elección dos candidatos. "Afortunadamente no PSdeG, non por Gonzalo senón con carácter xeral, o secretario xeral non decide isto", sinalou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta