Liberdade provisional para os sete detidos en relación á moza que apareceu morta nun encoro de Ourense

O Xulgado de Instrución Número 1 de Bande (Ourense) decretou liberdade provisional para as sete persoas detidas na investigación sobre a aparición do corpo dunha muller de 21 anos no encoro de Lindoso, no municipio de Lobios, en decembro de 2016.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2018 | Actualizada ás 13:58 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Xulgado de Instrución Número 1 de Bande (Ourense) decretou liberdade provisional para as sete persoas detidas na investigación sobre a aparición do corpo dunha muller de 21 anos no encoro de Lindoso, no municipio de Lobios, en decembro de 2016.

A xuíza decretou liberdade provisional para os sete detidos --dúas mulleres e cinco homes--, aínda que coa obrigación de comparecer mensualmente e de facer entrega dos seus pasaportes.

Os detidos chegaron ás 10,00 horas aos xulgados de Bande, onde se acolleron ao seu dereito a non declarar e saíron da sede xudicial pasadas as 13,00 horas.

As sete persoas, para as que non se solicitou o seu ingreso en prisión, permanecen como investigados por un delito de prostitución en relación ao artigo 187 do Código Penal, supostamente por inducir á prostitución á falecida.

(Haberá ampliación)

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta