Feijóo vincula o apoio de Baltar á folga do 8M coas críticas que tivo de acoso sexual

A decisión do presidente da Deputación de Ourense descoloca ao líder do PPdeG etenta circunscribir a decisión do presidente da deputación de Ourense a un “acordo” entre os grupos da institución. “Supoño que deixarán de verquer críticas contra el”, asegura.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/02/2018 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

A decisión de Xosé Manuel Baltar de apoia a folga de mulleres do vindeiro 8 de marzo descolocou ao líder do seu partido en Galicia e ao resto do partido en Madrid. De feito, o propio Alberto Núñez Feijóo vinculou este apoio coas duras críticas que o presidente da Deputación de Ourense tivo por parte da oposición tras ser acusado de acoso sexual.

Baltar e Feijóo salúdanse nun acto
Baltar e Feijóo salúdanse nun acto | Fonte: depourense.es

“Supoñemos que agora deixarán de verquer as críticas que facían contra el nos últimos meses”, dixo Feijóo este xoves na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. “Algún avance haberá nisto”, engadiu. Por iso, quixo cincunscribir esa decisión nun acordo entre os grupos políticos de Ourense. “Pregúntelle ao grupo do PP, do BNG, do PSOE ou de Democracia Ourensana na deputación”, respondeu sobre o por que desa decisión.

Ademais, insistiu en que a decisión de Baltar non supón unha “diverxencia” coa postura oficial do seu partido, que se opón frontalmente a esta folga. “É un acordo da deputación, non do PP”, repetiu. Con todo, quixo deixar claro que a folga é un “dereito constitucional” que teñen os traballadores “tamén os empregados públicos”. 

Declaracións que contrastan coas feitas pola ministra de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, nas que asegurou que celebraría o Día Internacional da Muller cunha 'folga á xaponesa', "traballando máis horas" para demostrar "a capacidade que teñen as mulleres" en España.

En todo caso, Feijóo volveu a defender que en Galicia non existe fenda salaria.  “Xa dixen que si existen diferencias salariais en Galicia que se denuncian e, sen ningunha dúbida, actuaremos”, indicou ao precisar que a fenda salarial de Galicia é menor que a de España. 

VERSIÓN DE BALTAR

Pola súa banda, Baltar, defendeu que o apoio do ente provincial á convocatoria de folga foi froito do "consenso" entre todos os grupos políticos e que se tomou "sen ningún tipo de liñas vermellas". Así dixo que a declaración institucional a favor da mobilización, que se lerá este venres no Pleno da Deputación, foi un texto "acordado unanimemente" entre o catro partidos con presenza no ente provincial.

Ademais, rexeitou valorar que con esta decisión o PP de Ourense se desmarca da liña oficial de Xénova, contraria á convocatoria por considerala unha "aposta polo enfrontamento entre mulleres e homes" e "unha folga de elites feministas, non de mulleres reais con problemas cotiáns".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta