Sánchez (En Marea) afea o non do PP á folga de marzo e cre que Baltar "ten moito rostro", pero saúda o seu apoio

O viceportavoz de En Marea, Antón Sánchez, afeou a postura do Partido Popular ante a folga do 8 de marzo na que as mulleres están chamadas a paros parciais e totais durante a xornada, aínda que dixo que non lle "sorprende". En canto á postura do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, dixo que "ten moito rostro e é capaz de aguantar estas cousas", aínda que saudou que "todos os apoios están ben".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2018 | Actualizada ás 17:15 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O viceportavoz de En Marea, Antón Sánchez, afeou a postura do Partido Popular ante a folga do 8 de marzo na que as mulleres están chamadas a paros parciais e totais durante a xornada, aínda que dixo que non lle "sorprende". En canto á postura do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, dixo que "ten moito rostro e é capaz de aguantar estas cousas", aínda que saudou que "todos os apoios están ben".

Antón Sánchez, En Marea, en rolda de prensa
Antón Sánchez, En Marea, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

"Se estivese aquí (Xosé Manuel) Beiras, sacaría a Valle-Inclán co 'esperpento'", manifestou o deputado de En Marea e tamén portavoz nacional de Anova. Díxoo despois de que o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, dixese que é a Baltar e o resto de grupos da institución provincial, aos que corresponde, se cabe, explicar o seu apoio a unha declaración a favor da folga do 8 de marzo.

Aínda que o presidente galego non mencionou expresamente o caso, Baltar recibiu duras críticas dos seus rivais políticos após ser investigado por suposto acoso sexual e suborno despois de que unha muller denunciase que lle ofreceu un emprego a cambio de sexo, aínda que a causa quedou arquivada meses atrás. "E supoño que todas as críticas que vertieron contra Baltar nos últimos meses, deixaranas de verter. Algún avance pode haber", manifestou Feijóo este xoves.

Neste escenario, Antón Sánchez dixo este venres que o PP "se opuxo sistematicamente ao divorcio ou ao matrimonio de persoas do mesmo sexo", entre outras cuestións. "Segue a súa tradición", manifestou, en referencia a "non defender" os avances sociais e, neste caso concreto, á situación da muller, unha problemática "gravísima" que ten "moitas vertentes".

"No caso de Baltar, ten moito rostro e é capaz destas cousas. Bo, todos os apoios que haxa están ben. Lamentamos a postura do PP", remachou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Teatro feminazi

Vaia teatro, na implementación de políticas feminazis están dacordo todos os partidos, dende o PP até os Vagos e Mareantes, ningún se salva.

1 Ferriño

Todos os apoios que haxa están ben? Meso o de Baltar o acosador cínico!