Libros del K.O. nega ter liberado un pdf de 'Fariña' e pide non atender a libros de segunda man a prezos "abusivos"

Libros del K.O. nega liberar un pdf de 'Fariña' que está a circular por 'WhatsApp' e tamén pide non facer caso ao "mercadeo" de segunda man "a prezos abusivos".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2018 | Actualizada ás 19:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Libros del K.O. nega liberar un pdf de 'Fariña' que está a circular por 'WhatsApp' e tamén pide non facer caso ao "mercadeo" de segunda man "a prezos abusivos".

Portada do libro Fariña, de Nacho Carretero
Portada do libro Fariña, de Nacho Carretero | Fonte: Europa Press

"Está a circular o pdf de 'Fariña' por wasap coa lenda de que nós o liberamos. É mentira. Iso fainos dano", sinala a editorial a través dun comentario nas súas redes sociais.

A editorial lembra que vive "da venda de libros", polo que advirte de que "este tipo de virales" faille "tanto dano como un secuestro editorial".

A quen queira ler o libro e non atopa un exemplar de papel, recoméndalle comprar o 'ebook'. E conclúe prometendo "que a pesar do inminente secuestro, volverá haber Fariña para todos (e ao prezo normal)".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Eleuterio

El libro está circulando por wasap a mi me lo han enviado