Temas: REFUXIADOS

Manifestación en Vigo para pedir a apertura de fronteiras aos refuxiados

A Rede Galega de Apoio aos Refuxiados convocou o sábado ás 18:00 unha manifestación no segundo aniversario do acordo UE-Turquía. Denuncian así a vulneración da Carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea e outras directivas europeas sobre dereitos humanos.

Por Moncho Mariño | Vigo | 25/02/2018 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A integrante da Rede Galega de Apoio aos Refuxiados (RGAR), Rita Gallego, describiu os obxectivos desta manifestación en Vigo en que "buscabamos a denuncia do acordo Turquía-UE e o peche das fronteiras no seu segundo aniversario". A manifestación convocouse na viguesa Farola de Urzáiz á que asistiron persoas implicadas coa RGAR, inciandose ás 18:00. Para o domingo día 25 están convocadas concentracións en Santiago na praza do Toural e na Coruña diante do Obelisco, as dúas ás 12:00.

Concentración en Vigo a prol dos refuxiados
Concentración en Vigo a prol dos refuxiados | Fonte: Miguel Núñez

Rita Gallego di que de momento a actuación de España no tema dos refuxiados é de "restrinxir non só a entrada de refuxiados, a pesar do acordo coa Unión Europea de acoller a 17.000". Sobre o número real de refuxiados acollidos dentro do estado, Gallego "descoñezo a cantidade, porque as cifras estanse movendo, non sei a cantidade e non podo dicir un número, haberá algunha cifra pero eu non estarei de acordo".

A campaña en apoio os refuxiados é en todo o estado, con concentracións en numerosas cidades. En Galicia ademais de Coruña e Compostela, haberá actos tamén en Ferrol ou Vilagarcía e noutras vilas e cidades.

Por outra banda, Rita Gallego apuntou que en Galicia "acolléronse familias pero non se completou o número comprometido". Neste caso só foron dúas as unidades familiares traídas. "Non se fixo ningún plan de acollida, a esas dúas familias simplemente as meteron nun sitio e logo pasou o tempo marcado dun ano e medio" declara Gallego "e finalmente fixéronse cargo deles a Cruz Vermella e nestes momento nin están empadroados". A RGAR está a organizar un crowfunding para recadar diñeiro e darlles apoio a estas familias acollidas en Galicia.

Momento da manifestación en Vigo a prol dos refuxiados
Momento da manifestación en Vigo a prol dos refuxiados | Fonte: Miguel Núñez
concentración  a favor dos refuxiados en Vigo
concentración a favor dos refuxiados en Vigo | Fonte: Miguel Núñez
Temas: REFUXIADOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

9 anonimo

Pero é que os ingresos públicos, simplemente, non chegan para pagar todo, e , ainda por riba, manter aos refuxiados. Non se trata só de acoller aos refuxiados, e que logo hai que pagarlles sanidade educación e subsidios.

8 Magoado

Deixade de escribir parvoíces porque hai datos históricos que avalan o que escribín. Aclaro, nin meu pai nin meu avó paterno tiñan nada que os empuxase a emigrar. Tiñan o suficiente para ir, digamos tirando... Os vosos tamén? Só hai que ler un ou dos libros de historia para saber cal foi a nosa historia. Dáme moita pena unha Europa incapaz de recibir aos refuxiados, pero vós e as vosas andrómenas (cridas ou inventadas para convecer a algún ou algunha que pase por aquí) danme moita máis. Que pena derramar tanta bile... Que pena! Que pena os que lle dan a unha iconiña na internet ou publican unha mensaxiña e quedan comodamente nas súas casiñas... Hai moita xente farta destes "asinantes cool", pero vós non entrades aí... Que triste é o voso! E que aquí ninguén ten orgullo para nada? Por favor, non ofendades a nosa intelixencia nin magoedes máis a nosa alma.

7 Natasha Rostova delasRestrevas

Unha pregunta: quero imaxinar que sodes trolls... Pero a realidade dime que malia que o sexades amosades opinións-públicas-publicadas. Non é que as vosas opinións sexan patéticas, é que son ofensivas para calquera galego que pense... Meu avó foi emigrante en Cuba e meu pai en Francia. Desexaría que meu pai tivese vivido o suficiente para levarnos a Francia ou a calquera lugar no mundo onde non tivese que soportar que me insulten dicindo que impoño a miña lingua Dito isto... E que vós pertenciades á minoría moi minoritaria que non precisou emigrar? Porque na época de meu pai e avó só non emigraban ou os que non tiñan nada para pagar os billetes ou os que tiñan suficiente para non pagalos.

1 Oenejetas e refujetas

Pois nada, non sei qué esperas para contactar coa Rede esa de apoio aos refujetas. Xa sabes, nome e enderezo e que che manden un par de senegaleses a casa.

6 Oenejetas e refujetas

Refuxiado xa é calquera, agora a industria oenejética sae coa trapallada dos "refuxiados económicos". Vamos, que queren que veña media África para aquí e que lles poñamos mesa e mantel. ¿Esta xente non superou a adolescencia ou qué?

5 Eurabia

Israel, o estado criminal sionista, expulsa aos inmigrantes de cor moura, mentras é o gran culpable dos millóns de desplazados que percuran refuxio en Europa. A solidaridade de progresias, ONGs, pequeno burgueses e burguesias, é unha hipocresia, porque somos a clase obreira quen carga sobre as suas costas todo o impacto da inmigración. Somos a clase obreira quén competimos con salarios a baixa, os que asistimos aos mesmos servicios públicos, garderias, ensinos e pisos pateras. Cantos inmigrantes funcionarios hai? cantos políticos, xuices ou avogados?. Nin siquer queren contribuir con impostos para que o impacto sexa menor. A inmigración non vai parar, mentras non loitemos contra mafias, guerras imperialistas Otánicas de latrocinio, multinacionais e dictadores que se enchen de cartos, a mancheas, crendo o caos migratorio. Mentras as esquerdas cobardes calan, os populistas fascistoides avanzan na vella Europa.