Temas: GALEGO RAG

A RAG di que as propostas "para facer retroceder o catalán" xa se aplicaron en Galicia cun "resultado nefasto"

O secretario da institución, Henrique Monteagudo, ve "preocupante" a situación do galego porque existen "presións moi fortes pola castellanización" desde a infancia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2018 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

O secretario da Real Academia Galega, Enrique Monteagudo, sinalou que "algunhas das propostas que se están avanzando para facer retroceder o catalán en Cataluña" xa "se aplicaron" en Galicia co galego, como "o levantamento da esixencia" de coñecer a lingua cooficial "para determinados postos de traballo" ou, no ámbito educativo, "o paso dun modelo favorable á lingua propia a un modelo supostamente equitativo que en realidade non o é".

Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua
Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua | Fonte: queremosgalego.com

Así se expresou o secretario da RAG nunha entrevista en RNE recollida por Europa Press, na que indicou que o galego atravesa un momento "preocupante" pola perda de falantes entre a poboación nova, que cre derivado da existencia de "presións" a nivel social "moi fortes" que "poxan polo abandono da lingua e a castelanización".

A RAG presentou esta semana, coincidindo co Día da Lingua Materna (21 de febreiro), o seu informe sobre a situación do galego. Monteagudo indicou que "as grandes cifras" non revelan que o galego estea en perigo pero que, se se "escarba" no estudo, subxace unha realidade "moi preocupante". "Existe unha diferenza no uso do galego entre as persoas maiores e o das xeracións novas, nas que moita menos xente ten o galego como lingua inicial", comentou, para logo pór o foco en que, a maiores, quen teñen o galego como lingua materna, unha vez inician a etapa escolar "pérdeno".

O académico atribúe esta situación a "un fenómeno moi complexo" que "vén de atrás": a "perda de transmisión interxeracional", é dicir, a lingua na que educan os pais aos seus fillos e o medio escolar como un factor de "castelanización".

ESCOLA

Neste sentido, cualificou de "un paso atrás" o decreto do plurilingüismo aprobado por Alberto Núñez Feijóo á súa chegada á Xunta. No entanto, quixo puntualizar que o abandono da lingua na escola por parte dos nenos non se reduce a unha cuestión de "cantas horas" de clase son impartidas en galego.

Escola infantil de Conxo
Escola infantil de Conxo | Fonte: Europa Press

"Hai unha cuestión de socialización. O neno chega á gardaría ou escola e unha cousa é a lingua da clase e outra cousa é a lingua que falan os seus compañeiros", expresou Monteagudo, para logo incidir en que "a lingua de relación" entre os alumnos "é o castelán" porque "hai unha presión social" baseada en "modelos de prestixio".

"Os seus pais tampouco son alleos ás presións sociais porque é o mesmo contexto social. Se teñen a percepción de que o que facilita máis para abrirse paso na sociedade é o castelán ou teñen a percepción de que o galego é unha carga, poden decidir falar ao seu fillo en castelán", remarcou.

DISCURSO

Ademais, Enrique Monteagudo opina que esta situación se "alimenta" polo "discurso social" que se envía desde as institucións e os medios de comunicación, algo que, ao seu xuízo, é "tan importante como a lexislación" á hora de garantir a supervivencia dunha lingua minorizada.

Deste xeito, cre que "o discurso social" que impera en Galicia "desde hai tempo" é o do galego como "unha lingua imposta" e que hai que garantir "a liberdade lingüística" dos cidadáns, algo que, en realidade, "desfai o galego" porque o castelán goza dunha posición "moito mellor".

Así as cousas, Monteagudo descarta o camiño das sancións para reverter a situación. "É un asunto máis de mentalización que de penalización. Non creo que a vía da penalización sexa a mellor política para a lingua. A mellor é aquela que compromete ás entidades sociais máis relevantes nuns discursos e unhas prácticas favorables ao idioma", remarcou, para logo indicar que "quen debe liderar isto, por razóns legais, morais e de sentido común é a Xunta de Galicia".

SITUACIÓN EN CATALUÑA

O académico tamén foi cuestionado sobre os movementos de determinados partidos políticos para desbaratar o modelo de inmersión lingüística en Cataluña ou para levantar a obrigación de coñecer as linguas cooficiais para acceder a un posto na administración de determinadas comunidades autónomas.

"Algunhas das propostas que se están avanzando para facer retroceder o catalán en Cataluña, aquí (Galicia) xa se aplicaron", sinalou en referencia á "esixencia do galego para determinados postos de traballo" que "xa se levantou en 2009" ou "o paso do modelo favorable á lingua propia a un modelo supostamente equitativo que en realidade non o é".

"O modelo que se propón para Cataluña é o mesmo modelo que xa se aplicou aquí e que ten un resultado nefasto", comentou, para logo aseverar que se se elimina a inmersión lingüística "os máis prexudicados" serán os nenos castelanfalantes porque o catalán é un idioma "crucial" para o desenvolvemento persoal e laboral en Cataluña. "A non ser que eliminemos o catalán do país. Entón si", ironizou.

Nesta liña, expresou que "ter o ensino no teu idioma é o normal" e que, precisamente iso, é o que ocorre "no resto da España monolingüe" e "ninguén se bota as mans na cabeza". "Ter o ensino no teu idioma non é inmersión lingüística. É o que teñen os nenos castellanohablantes de Valladolid", apostilou.

BOS INDICIOS

Con todo, Enrique Monteagudo tamén destacou certos aspectos positivos que ve na actualidade ao redor da lingua galega, como a súa "presenza social grande" e "a mellora nas competencias da xente nova".

Por iso, chamou a "pór en marcha medidas" para conseguir que os "moitos falantes potenciais" do galego dean o paso e se convertan en "falantes reais".

Temas: GALEGO RAG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

13 Anti..

En tempos do paquiño falabase máis galego porque o 70% dos galegos non tiñan un can nin pra mercar television nin radio e moitos nin sabían ler prensa. As rás coma gustavo só souberon croar non falaron xamain nin galego nin castelán.

12 Fernando G

Cuanto más pesada se pone la gente de la RAG menos gallego se habla. Seguid así. En tiempos de Franco había muchos más hablantes del gallego que ahora. Eso es lo que hay.

1 Con ele chegou o escandalo

Entón ten voltar Franco? Ou prefires que o galego sexa un idioma sen normas, ou sen quen o mime ou protexa? Co teu xeito de pensar espallado a outros sectores sería o anarquismo.

11 Alberto Fidalgo Santín

Estaría muy bien que por lo menos aprendiésemos portugués en las escuelas. Por lo menos es una especie de gallego que resulta útil

1 Non hai mais xordo....

Outra vaca no millo!

10 Fartodalingua

El gallego es una carga para los alumnos que tienen como lengua propia el español. No les aporta nada que no tengan ya con su lengua materna y de nada sirve que todo el entorno escolar (cartelería, biblioteca, sinaléctica, actividades, días conmemorativos, informes de evaluación, comunicados a los padres, algunas asignaturas o la charleta de algunos profes nazionatas) sea en gallego. En cuanto pueden y entre ellos, hablan español.

1 Gran Torino

Hablan, sienten, juegan, aman, se enfadan, sueñan y piensan en español ¿Por qué no han de poder estudiar en su lengua si así lo desean ellos y sus familias?

2 Non hai mais xordo....

Si estudiaras!

9 Nexus 6

Los niños gallegos que tienen como lengua propia el español, tienen el mismo derecho a educarse en su lengua materna que los que son gallego hablantes. No es una cuestión de lenguas; es una cuestión de derechos de las personas. Cada uno debería escolarizarse en la lengua vehicular oficial que desee. No existe en Europa sistema educativo alguno como el catalán, que obligue a los alumnos a escolarizarse en la lengua regional minorizada. Lo que sí existe es el derecho de los padres a elegir la lengua en la que se han de educar sus hijos.

1 expañois fora da galiza

outro mangaluz, outro que fala o andalusí, anda e marcha para os mandriles, hibrido mesturado non existe dereito individual neste campo sinon legalidade social, que obriga claro que si e por desexo do pobo a escolarización no galego, ti es Zparvo ou que??? e logo que pensas que van ser afectadas as neuronas dos nenos, e deixa de decir Zparvadas, sinon os emigrantes chinos tamen poderian decir os nosos nenos educados en chino mandarin, xa basta de tonterías e de mentiras ratas suxas, traidores expañolentos, mutantes-hibridos da dexeneración sefardistas - non sodes mais cun aborto aberrante da natureza apoiado pola extrema dereita cavernaria ladroa e monoarquica dos mandriles - https://www.youtube.com/watch?v=Rbz...