Morre unha muller ao envorcar por un golpe de mar a planadora na que navegaba pola costa de Ribeira (A Coruña)

Unha muller faleceu este domingo logo de envorcar por un golpe de mar a planadora na que navegaba pola costa do municipio coruñés de Ribeira.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2018 | Actualizada ás 19:28 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha muller faleceu este domingo logo de envorcar por un golpe de mar a planadora na que navegaba pola costa do municipio coruñés de Ribeira.

O suceso, segundo informa o CIAE 112 Galicia, tivo lugar ás 16,50 horas deste domingo en Punta do Couso, na parroquia de Aguiño.

Logo de recibir o aviso de mans de Urxencias Sanitarias 061, o 112 puxo o caso en coñecemento de Salvamento Marítimo, que mobilizou unha embarcación até o lugar do accidente para recuperar o corpo sen vida da vítima.

O cadáver foi trasladado por Salvamento ao porto de Ribeira. O 112 tamén informou do sucedido a Protección Civil, Policía Nacional, Garda Civil, Servizo de Gardacostas de Galicia e Policía Nacional.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta