Google difumina un dos xigantes do Monte Pindo

Unha das grandes esculturas de pedra que se atopan nesta paraxe natural foron pixeladas polo xigante de Internet no proxecto Trekker Monte Pindo, que presenta 50 roteiros pola zona.

Por Galicia Confidencial | Carnota | 26/02/2018 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Google confundiu aos grandes xigantes de pedra do Monte Pindo cun xigante de carne e óso e decidiu difuminalo. Un feito que se pode ver no percorrido virtual das 50 rutas que esta empresa de Internet realizou en colaboración coa Asociación Monte Pindo Parque Natural para mapear dixitalmente toda esta zona. 

Xigante da Mina, no Monte Pindo, difuminado por Google
Xigante da Mina, no Monte Pindo, difuminado por Google

Deste xeito, o algoritmo automático de Google que difumina as persoas para facelas irrecoñecibles, difuminou accidentalmente o coñecido como Xigante da Mina. “Isto demostra que os nosos ancestros non ían tan mal encamiñados cando explicaban que as curiosas figuras antropomorfolóxicas do Monte Pindo só podían ser feitas pola man do home”, apuntan desde esta entidade.

Precisamente, este mércores preséntase o Proxecto Trekker MontePindo, iniciativa que permitiu converter a Carnota no primeiro municipio galego en dixitalizar as súas rutas de sendeirismo. Deste xeito, e desde agora, pódense percorrer os camiños do Monte Pindo e do resto de Carnota con cen anos, desde unha cadeira de rodas, ou a miles de quilómetros. 

Un proxecto do 2016

A idea de mapear os camiños do Monte Pindo xurdiu a finais de 2016 a proposta de Santi Llecha, membro da directiva de Monte Pindo. “Tanto Google coma o Concello de Carnota recibiron a proposta con entusiasmo, e logo de varios meses de negociacións, finalmente a equipación Trekker arribou a Carnota xa non só co obxectivo inicial de mapear os camiños do Monte Pindo inicialmente previstos, senón de facer todos os do municipio de Carnota que nos dera tempo”, apuntan desde Monte Pindo Parque Natural.

Mario Maceira, de Monte Pindo Parque Natural, cunha mochila do Proxecto Trekker Monte Pindo
Mario Maceira, de Monte Pindo Parque Natural, cunha mochila do Proxecto Trekker Monte Pindo

Despois sumáronse numerosos voluntarios que percorrreron os camiños de sendeirismo de Carnota portando a pesada carga da mochila Trekker, que pesa uns 20 quilos sen contar as baterías e memorias. En pouco máis dun mes remataba a fase de traballo de campo, cun resultado total de 160 quilómetros percorridos distribuidos nuns 50 roteiros distintos incluíndo as súas variantes e incluso un espectacular percorrido costeiro pilotado polo propio alcalde de Carnota, Moncho Noceda.

“Aí rematou a nosa tarefa e entrou en acción o equipo de Google Street View, quen comezou a avaliar as imaxes rexistradas, determinando que a práctica totalidade delas reunía os estrictos requisitos de calidade que a marca esixe antes de incorporar as imaxes aos seus sistemas, polo que só podemos calificar os resultados do proxecto coma un éxito apabullante e realmente impensable cando comezamos a xestar esta iniciativa”, indica a entidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Don Pimpón

Normal. Case se lle vén as tetas.