Temas: NEVE LUGO OURENSE

A neve volta a Galicia

Obriga este martes a activar a alerta laranxa en zonas de Lugo e Ourense.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2018 | Actualizada ás 06:46

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta activará desde as 20,00 horas deste martes a alerta laranxa en zonas das provincias de Lugo e Ourense pola volta das nevadas.

Previsión neve desde 27 febreiro de 2018
Previsión neve desde 27 febreiro de 2018 | Fonte: Europa Press

En concreto, o aviso laranxa afectará ao sur de Lugo, e de madrugada estenderase ao centro da provincia, así como ao sur de Ourense e a comarca de Valdeorras. Nestas zonas espérase acumulación de polo menos 4 centímetros de neve por encima dos 300 ou 400 metros. Ademais, este martes tamén haberá aviso amarelo por neve na montaña de Lugo, no noroeste e na montaña de Ourense, e no interior da Coruña.

Xa para o mércores, a acumulación de neve chegará aos 6 centímetros e espérase practicamente que apareza a calquera cota das zonas do centro e sur de Lugo e Valdeorras e sur de Ourense.

Así mesmo, a neve afectará tamén a zonas do interior e noroeste da Coruña, A Mariña e montaña de Lugo, e noroeste e montaña de Ourense, que estarán en nivel amarelo, con acumulacións de entre 4 e 8 centímetros. Así, pode que chegue a nevar a nivel do mar, aínda que as acumulacións espéranse por encima dos 50-100 metros.

Temas: NEVE LUGO OURENSE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta