Sada pide "remar na mesma vía legal" para recuperar o Pazo de Meirás

O Concello de Sada instou a todas as administracións a "remar na mesma vía legal" para recuperar o Pazo de Meirás. O goberno local sadense mostra a súa satisfacción polo informe que avala a vía xudicial para reverter o inmoble ao patrimonio público.

Por E.P. | Sada | 27/02/2018 | Actualizada ás 19:15

Comparte esta noticia

Nun comunicado, o goberno municipal destaca que o citado informe coincide "coa posición e demandas xa expresadas en días pasados polo Concello de Sada". "Que exista esa coincidencia tanto na ilicitude e nulidade radical do título fraudulento da propiedade de Franco como na vía xudicial civil, é unha boa noticia para Sada e Galicia enteira", sinala o rexedor, Benito Portela.

Pazo De Meirás
Pazo De Meirás

COORDINACIÓN

Sobre o informe, asegura que "confirma o que evidencian as probas documentais". "A nulidade do fraudulento título de propiedade de adquisición do Pazo polo ditador e, en consecuencia, a procedencia legal da recuperación posesoria e a vía civil da acción de nulidade".

Por outra banda, afirma que é fundamental "coordinar e pór en común" os traballados xurídicos para que "todas as administracións implicadas e lexitimadas para iso exerciten as súas potestades e accións", sinala, sobre as actuacións a levar a cabo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Si ho

Cubriuse de gloria a mareillallada de Sada ao pedir que se lles merque o pazo aos Franco con cartos públicos