Un paciente con cancro ameaza con denunciar o Sergas ante a Xustiza tras anularlle unha cita para revisión

O doente fixo unha primeira reclamación en Atención ao Paciente, pero sospeita que "foi parar ao lixo". Leva cinco meses agardando a ter nova data.

Por Galicia Confidencial | Burela | 28/02/2018 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

Nova denuncia relacionada coas citas para especialistas e probas na área sanitaria da Mariña. Desta vez, un paciente cun proceso oncolóxico denuncia que se lle anularon unha cita para revisión hai cinco meses e que a data de hoxe continúa sen citar

Paciente con cancro denuncia que se lle anulou unha cita para revisión.
Paciente con cancro denuncia que se lle anulou unha cita para revisión.

O doente, segundo relata el mesmo e recolle a Plataforma na Defensa da Sanidade na Mariña, foi sometido a unha biopsia para establecer o diagnóstico e a agresividade do cancro. Unha vez que se determinou que se trata dun cancro, decidiuse que debe ser intervido cirúrxicamente e tras a operación estableceuse que debía ser visto en revisións cada tres meses.

"Fixéronme moitas probas , primeiro a biopsia e logo unha proba no oncolóxico da Coruña para saber se tiña metástases”, concreta o paciente.

A primeira cita para facer a revisión foille asignada o día 29 de setembro de 2017 e  pouco despóis chamárono por teléfono para anulala. Segundo o doente e a Plataforma Sanitaria da Mariña, "dixéronlle que sería chamado en breve, máis como vía que non o chamaban pon unha primeira reclamación no servizo de Atención ao Paciente".

”Déronme  un papeliño pequeno coma eses que che dan cando vas a unha consulta e pides un xustificante para o traballo  e como pasaba o tempo e non me chamaban sospeito que o papeliño foi parar ao lixo”, explica.

Foi entón cando contactou coa Plataforma Sanitaria e se presentou denuncia o 11 de Xaneiro de 2018, que figura rexistrada co número 088. Na reclamación o paciente solicita ser citado de xeito inmediato e fai responsable da súa saúde futura á xerencia, informando: “Acudirei á Xustiza con esta denuncia para iniciar as medidas legais oportunas”.

Tras agardar unha resposta por parte da xerencia e non recibir noticias referentes á súa citación, volveu contactar coa Plataforma Sanitaria para dar a coñecer publicamente o seu caso.

Para a Plataforma Sanitaria resulta "insultante que se xogue deste xeito coa saúde dos pacientes e mesmo que se falseen os datos de agarda media, cifrando unha espera media nas consultas de especialidades de 38 días cando a realidade é que temos moreas de queixas de pacientes con meses e meses esperando infructuosamente a que os chamen para ser vistos polo especialista", denuncian.

”Adoitan sacar estes datos falseados sen que lles caia a cara de vergoña o día antes de que saiamos á rúa a manifestarnos, para tentar desmobilizar a unha comarca que xa está farta das  súas mentiras. Non sabemos con que nos agasallarán desta volta", comentan en relación coa manifestación convocada para o 1 de marzo na defensa da sanidade pública e da área sanitaria da Mariña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 tranca

Bonita foto la de feijoo apoyando a ka politica de en marea con martiño al frente.Cediéndole el sillon??

1 Almadederechas

Os galegos votaron maioritariamente este goberno. Y continuarán a votarlo, si no es el PP solo sera con la ayada de Ciudadanos y ya veremos en que acaba lo del gallego.