Temas: BNG ANA MIRANDA UE

Ana Miranda: “O escano do BNG no Parlamento Europeo é o escano de Galiza en Europa”

Tras a toma de posesión do seu escano, a eurodeputada do Bloque avanzou que traballará “sen descanso” para que Galiza non sexa discriminada no reparto dos fondos de cohesión

Por Galicia Confidencial | Bruxelas | 28/02/2018 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, tomou este mércores posesión do seu escano no Parlamento Europeo, nun pleno celebrado en Bruxelas, que "permitirá ao Bloque Nacionalista Galego continuar o traballo en defensa do país pero pisando o acelerador con máis intensidade e con máis potencia, sabendo que vai ser o útil o noso traballo”, expresou o partido.

Ana Miranda (BNG), no Parlamento Europeo
Ana Miranda (BNG), no Parlamento Europeo | Fonte: Delmi Álvarez.

Ana Miranda afirmou que o escano do BNG no Parlamento europeo “é o escano de Galiza en Europa”. “É un día moi especial para agradecer a todas as votantes que no 2014 nos apoiaron, quero que saiban que non van quedar defraudados", manifestou a eurodeputada, que quere que os cidadáns "sintan que este escano será a representación do seu país na Eurocámara”.

Tras a sesión plenaria, Miranda asegurou que se deixará “a pel e o cerebro” traballando por Galicia, “con moita ilusión e sobre todo en beneficio das galegas e os galegos”.

A eurodeputada fixo fincapé en que desde o seu escano traballará “para evitar que Galiza quede discriminada nas negociacións dos fondos estruturais”. Ao respecto, explicou que unha das prioridades do Bloque radica en traballar para que o país non saia perdendo no reparto futuro dos fondos de cohesión, dos que mesmo podería quedar excluído cos criterios que baralla a Comisión Europea para o período orzamentario 2020-2027.

“Asumo este escano co firme obxectivo de defender os intereses de Galiza e evitar que sexa moeda de cambio”, avanzou a eurodeputada nacionalista, quen asemade sinalou que o escano do Bloque terá un “marcado carácter social” desde o que denunciará a precariedade laboral, o recorte de servizos públicos, da sanidade ou a reforma das pensións, que en Galicia son as segundas máis baixas no Estado español.

En España o gasto en pensións con respecto ao PIB é do 10,7%, mentres que a media da UE ascende aos 12,2%, case dous puntos máis. "Isto indica que o esforzo medio na Unión Europea para manter o sistema de pensións é maior que o do Estado Español, polo que o Estado ten marxe para incrementar o seu esforzo no mantemento do sistema", consideran os nacionalistas.

A eurodeputada do Bloque tamén avisou de que centrará a súa actividade en presentar iniciativas centradas na defensa dos servizos públicos e do emprego, posto que “a recuperación económica da que fala o Partido Popular é unha mentira, xa que non trae aparellada a recuperación social senón a pobreza nas traballadoras e traballadores”, criticou.

Outro dos aspectos fundamentais aos que fixo referencia Miranda foi a defensa dos dereitos e a denuncia do recorte das liberdades no Estado español, fronte que loitará desde Bruxelas.

Temas: BNG ANA MIRANDA UE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

16 Toabolas

outro que ofende a memoria dos seus País...que arrepentidos andar de non ter-lle posto Blas........

15 Antinostrus

A ver Nostrus....repite Pam plo na co Ca ga llón hispano na Boca.....!!!!.

14 Brais González

Carta abierta a Ana Miranda: Agradeceríamos mucho que contratara mejores asesores de imagen y dinamizadores de su actividad parlamentaria en redes sociales. Lo digo porque los que actualmente le defienden no pasan del insulto grueso y la descalificación más agresiva jhacia quienes osan criticar su labor o la ostentación de símbolos marginales que despiertan repugnancia en la gran mayoría de la población gallega. Por lo que cuentan, aparte de un sueldo al que el 99% de los gallegos no puede aspirar, tiene usted a su disposición abundantes fondos para contratación de asesores, por lo que sería de esperar que exigiera unos mínimos intelectuales a los mismos. Atentamente

13 Antinostrus

Crise de identidade sí que a tén, e das boas, o Cipaiomononeuronal do Nostrus....como se van ter dúas bandeiras ou dúas línguas, calamidade., sendo ser humano e racional??....claro que nacendo en Cotxiqueira de nai Meretrice e sarxento Chusqueiro Español (caso do noso Nóstrico Merecenario por só vinte e nove denarios de prata) non é de extrañar: el pensa, incluso, que tén Dous Q´s (orto e boca) pois polos dous bota mer da gualda que arrastrada co sangue das súas seculares hemorroides conforma as cores da súa única bandeira....

1 nostrus

Bueno, en tu caso no tienes ninguna bandera porque no creo que tengas ni familia ni amigos ni haya algun grupo en el que pertenezcas, salvo el de los renegados y este grupo, en concreto, se define por la deslealtad y para ellos no existe ninguna bandera. Lo mas afin que puedes encontrar a ti son las ratas o las culebras, por lo que lo mejor que se puede definir de ti es que eres una rata o una culebra, pero una rata o culebra española al fin y al cavo.

2 :))))

Nostrus la clabó, al fin y al cavo (y por agujero del ravo) un fascioespañolista es un nazi-cagón que ni save escrivir en el grandioso idioma imperialista que pretende imponer. Hay España, que dolor de la bista! Que grande es tu naturaleza dibina y los miserentos patriotas analfavetos que presumen de su honoravle condición: vurros en yunta patriotera a tirar del carro! Arre vurro, arrea por el vien de la patria vuena y berdadera!

12 Galicia forever

No kit de bloqueira mantida de 8.500 ao mes, fáltalle o exemplar de Sermos Paliza, ese diario que ninguén le pero que se mantén grazas á publicidade e as subscricións de administracións públicas que controla o BNG

1 Tocabolas

Pois eu leo-o e gósta-me moito....as Coces de Galicia e os Chorreos Galaicus, xunto co seu Marca de cabeceira de Adictofootbaleiroligofrénico Incurabel deixo-os para vosté.......