Colapso para adquirir as entradas de 'O Son do Camiño', que xa están na revenda a 300 euros

A Xunta di que se venderon 20.000 entradas nunha hora e que outras 5.000 quedaron para taquilla. “Isto parece un éxito”, asegura o presidente galego, que insiste en defender a legalidade do proceso de concesión, porque non foi un concurso público, "senón un patrocinio".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/03/2018 | Actualizada ás 15:40

Comparte esta noticia

O festival 'O Son do Camiño' que traerá a Santiago de Compostela entre o 28 e o 30 de xuño a nomes como The Killers, Lenny Kravitz e Jamiroquai, como cabezas de cartel, esgotou os 20.000 abonos que puña á venda en menos dunha hora. Con todo, foron moitos os galegos e galegas que quedaron sen abono porque a páxina para adquirilas estaba colapsada.

Feijóo na presentación dun acto do Xacobeo
Feijóo na presentación dun acto do Xacobeo | Fonte: xunta.gal

Así o denunciaron en numerosos grupos de FB e de Wathsaap e algúns deles mesmo insinuaron que igual hai “cazo polo medio”, porque pouco despois apareceron xa particulares que, en foros de reventas, volvían poñer á venda algunhas entradas a prezos, nalgúns casos, superiores aos 300 euros.  De feito, as que se venderán en taquilla ascenden xa a 73 euros.

VARIAS PROMOCIÓNS

Segundo as fontes consultadas, a venda online de este xoves dependía de ticketea, non da organización. Aínda así, a web estivo moi colapsada tanto para adquirir a promocion de lanzamento a 39 euros os tres días do concerto como a segunda promoción que era xa a 49 euros.

“Estanse batendo marcas históricas en venda de entradas de festivais de toda España", informaba a organización que aclarou que as de 39 euros duraron "apenas uns minutos", dado o "masivo interese do público de toda España". O Festival, que agradeceu o apoio e lamentou que algunhas persoas que quedaron fóra desta compra, anunciará a súa programación por días e porá as entras restantes a venda en taquilla.

Unha das actuacións de The Killers
Unha das actuacións de The Killers | Fonte: reviewjournal

De feito, o presidente da Xunta tamén salientou que  este festival,  que traerá a Santiago de Compostela entre o 28 e o 30 de xuño a nomes como The Killers, Lenny Kravitz e Jamiroquai,  “xa é un éxito”. “Esgotaronse as entradas nunha hora”, insistiu. O 55% dos que compraron os abonos son de Galicia, mentres que o 35% dos compradores é do resto do estado e un 10% de 12 países diferentes.

CONCURSO LEGAL

A organización deste concurso está rodeado de polémica. A oposición dixo que se fixo “sen concurso público, ou sen a transparencia necesaria", por un valor que situou nuns 3 millóns de euros, e se lle deu á UTE formada polas empresas Old Navy Port Producións S.L. e Esmerarte Industrias Creativas S.L. Neste sentido, Feijóo quixo deixar claro que todo é legal. “Se tiveramos dúbidas da súa legalidade pois dexiariamos sen efecto isto”, dixo preguntado por GC na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

Así, dixo que non se tratou dun “concurso”, senón dun “patrocinio”. “Un grupo de empresas nos trouxo unha propsota e obtiveron o visto e prace do Xacobeo para patrocinala”, dixo ao salientar que a Lexislación de patrocinios “cumpliuse escrupulosamente2.

En todo caso, quixo tranquilizar ao sector dos espectáculos en Galicia. “Haberá máis festivais e quen queira pode presentarse ao concurso”, dixo ao tempo que volveu destacar que o que lle gustaría é que “para o resto se esgotaran as entradas nunha hora”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Prioridades

Tiramos millóns en espectáculos de dubidosa rendabilidade "para promocionar o Camiño", e mentres o propio Camiño convertido nun espectáculo bochornoso de feísmo e abandono. Vilas como Sarria, Palas, Melide, Arzúa, xa non teñen remedio. A única solución sería arrasalas con bombas nucleares e deixar que medre o mato cen anos.

2 Breogán

Aí tivo que ter moitos agasallos de viño Vega Sicilia o viño non a mafia.

1 VENRES 13 O PESADELO

CHEIRA MAL, claro que si a xente quere escoitar a jaimitoque e Lenin croquetas e outros ollomoles do mundo musical pois que paguen, o mellor a empresa vendeu a bloques dun milleiro a algún amigote para despois ir a medias na revenda isa, eu non fio que se vendese tanto para a "merda" isa, desde logo non e a miña música havimetal satanic estoupa orellas, isto pare de bragas de seda e eu son de calzon de coiro con remaches de ferro tipo titanic, deberían pillar un revenda deses e darlle ata que confesase os contactos e o que esta a pasar nese sitio - https://www.youtube.com/watch?v=eSN...