A Asociación Forestal denuncia atrasos na curta de madeira queimada e pide un plan de recuperación

Critica á Xunta por non regular a corta de madeira nas localidades máis afectadas e, sobre todo, por non concretar o seu compromiso para asumir a súa trituración.

Por E.P. | VIGO | 01/03/2018 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

A Asociación Forestal de Galicia trasladou a preocupación das comunidades de montes polo atraso na curta da madeira queimada nos lumes do pasado mes de outubro, e reclamou a posta en marcha con fondos públicos dun plan para recuperar as masas forestais afectadas de Galicia.

Zona queimada nun incendio en Chandebrito
Zona queimada nun incendio en Chandebrito | Fonte: Europa Press

Nun comunicado, este colectivo insistiu en que, pasados máis de catro meses desde os incendios, "unha parte importante da madeira queimada continúa nos montes", sendo un "problema especialmente significativo" nos montes con convenio coa Xunta, nos que as poxas se están convocando "con atraso".

Tal e como sinalou, os atrasos nas curtas "están depreciando a madeira de valor comercial", o que repercute en perdas para os propietarios; e ademais hai saturación de madeira no mercado, polo que parte dos lotes que se poxan están a quedar desertos.

Ademais, advertiu do risco que supón non sacar a madeira en localidades como As Neves e Salvaterra, que ao estar dentro da zona demarcada pola praga do nematodo do piñeiro deben retirar antes do 1 de abril de cada ano todas as árbores susceptibles de albergar este insecto para evitar novos focos da praga.

En canto á madeira sen valor comercial --maioritariamente plantacións de poucos anos--, a asociación apuntou que a Xunta convocou no outono axudas para retirala, "pero por agora non aprobou as solicitudes presentadas, polo que esa madeira continúa no monte"; e ademais segue pendente que a Administración concrete o seu compromiso de asumir a trituración desa madeira.

Pola súa banda, A Xunta negou "ningún tipo de atraso" na curta da madeira queimada en outubro e di que poxou o 100%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Elsa

Una tristeza tanto desastre natural, nos estamos cargando la flora. Hay demasiados tóxicos, gases, o diferentes diferentes tipos de ácido. Es tiempo de actuar.