Reunión entre o secretario xeral de CxG e o presidente do PNV

Andoni Ortuzar recibe a Juan Carlos Piñeiro na sede central do PNV. Os dous falaron de repetir coalición para as europeas.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 02/03/2018 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

O presidente do Euzkadi Buru Batzar, órgano máximo do PNV, Andoni Ortuzar, e o burukide ou responsable da Área de Organización, Joseba Aurrekoetxea, recibiron esta mañá a unha delegación de Compromiso por Galicia integrada polo Secretario Xeral, Piñeiro Docampo, e polo Secretario de Organización, Orlando Villamayor. O encontro realizouse na sede central do partido vasco, Sabin Etxea.

Juan Carlos Piñeiro Docampo, secretario xeral de Compromiso por Galicia
Juan Carlos Piñeiro Docampo, secretario xeral de Compromiso por Galicia | Fonte: CxG

As conversas prolongáronse durante unha hora. Segundo CxG esta reunión "enmárcase nas excelentes relacións que manteñen ambas formacións, que concorreron en coalición nas Eleccións Europeas de 2014, estratexia que entra na histórica aposta do EAJ-PNV por manter vivo o espírito de Galeusca".

 ELECCIÓNS 2019

As Eleccións Europeas que se celebrarán no 2019 formaron parte dos puntos tratados entre vascos e galegos. Todo sobre a  posibilidade que ambas formacións volvan formar parte dunha mesma coalición. "Tanto EAJ-PNV como CxG comparten desexo e vocación porque así sexa" manifestan desde Compromiso. Outro tema tratado foi a situación política en Galicia "onde o nacionalismo e galeguismo viven un período de reposicionamento das forzas que o integran".

Os dirixentes nacionalistas vascos informaron aos representantes de CxG dos traballos da Proposta de Autogoberno no Parlamento Vasco. Tanto Ortuzar coma Piñeiro emprazáronse a manter un próximo encontro en primavera.

Andoni Ortuzar, presidente do PNV
Andoni Ortuzar, presidente do PNV

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Anonimo

Pnv partido que traiciono a la republica empezamos bien