Temas: CARBALLO

Denuncian a corta dunha carballeira centenaria en Punxín

A pesar de que o concello e o propio alcalde estaban ao tanto do acontecido non se fixo nada por paralizala.

Por Galicia Confidencial | Punxín | 03/03/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Integrantes da organización ecoloxista Matar por Matar Non denunciaron o pasado mércores a corta dunha carballeira centenaria en Punxín. Unha acción da que informaron ao concello e tamén á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) a través de sendos escritos.  Pero, a pesar do aviso, ninguén no concello fixo nada por parar a talla que continuou tamén o día seguinte.

Cortan unha carballeira centenaria en Punxín
Cortan unha carballeira centenaria en Punxín | Fonte: matarpormatar.org

A entidade critica que se teñan xa causado danos “irreparables” porque se cortaron máis de des árbores dunha fermosa carballeira.  “O desastre está servido, non ten solución, poden multar ao propietario pero non poden repor as árbores que levan décadas crecendo, que os antigos donos, a pesar das penurias de entón, deixaron para que agora uns irresponsables de boa vida e pouca conciencia córtenos polo pé”, denuncian nun comunicado.

“Esta é unha proba máis de que neste País non serve de nada colaborar coas autoridades para casos de medio natural e fauna. Non teñen interese, son igual de brutos e desconsiderados que os paisanos. Non só non actúan como se mostran molestos con que lles incordien con estes asuntos que eles mesmos consideran dereitos do propietario”, engaden.

Neste sentido, amosan a súa contrariedade porque estes feitos queden impunes. “É máis probable que busquen represalias contra quen denunciamos e molestamos na súa tranquila e inactiva indolencia que contra quen infrinxen as normas e destrúen o medio natural”, conclúen.

Talla de carballos centenarios en Punxín
Talla de carballos centenarios en Punxín | Fonte: matarpomatar.org
Temas: CARBALLO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 ViOS

Concordo có primeiro comentario. O texto do "denunciante", ademáis do insulto e o típico discurso de superioridade có rural dos urbanitas demostra a falta absoluta de formación forestal do que escribe. Polo que di o texto incluso irán coa macheta contra eles tentando dar unha imaxe moi alonxada da realidade dos "brutos" do rural. Sería bó comezar a distinguir entre entidades animalistas e entidades ecoloxistas. Non son o mesmo nin defenden sempre o mesmo.

1 Ai si claro

Para empezar vendo o diámetro das árbores dudo que sexan centenarias, como moito froito do abandono dun terreo agrícola nos 60 ou 70. Segundo, supoño que estarán en terreo privado polo que se o propietario conta con autorización, ver y callar, que eu saiba a propiedade privada existe. Terceiro, se alguén quere un xardinciño para ver que pague por el, pero non, mellor gobernar nas terras dos demais. Cuarto, as árbores teñen destino a aproveitamento salvo que o dono decida non cortar, se o propietario precisa leña para o lume corta e listo, senón que estes ecoloxistas lle paguen un tractor de leña e.listo.