Canto gasta a Xunta en loitar contra a desigualdade entre homes e mulleres?

As mulleres sofren máis paro e máis discriminación laboral que os homes, ademais, de violencia. Un total de 62 delas foron asasinadas nos últimos 19 anos en Galicia. Pero o Goberno galego diminúe as partidas, en vez de aumentalas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/03/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A Xunta pasou de dedicarlle 31,2 millóns de euros a tan só 7,2 á loita pola igualdade entre 2009 e 2018 nun momento onde máis se sofren as violencias machistas, con 62 mulleres asasinadas en Galicia nos últimos 19 anos e cando a policía vixía xa 1.596 agresores machistas en Galicia.

Asemblea de traballadores da limpeza no Hospital Xeral de Vigo
Asemblea de traballadores da limpeza no Hospital Xeral de Vigo | Fonte: CIG

Na actualidade hai un 30 por cento máis de desempregadas mulleres -106.174- que homes -82.033-. De feito, e segundo os últimos datos do paro, dentro do colectivo de persoas paradas sen emprego anterior, as mulleres duplican aos homes, 10.336 fronte a 5.202. A taxa de paro das mulleres está 1,4 punto por enriba dos homes, e a taxa de ocupación, un 41,1 por cento, está 8 puntos por debaixo.

TEMPORALIDADE

Ademais, as mulleres están moi afectadas pola temporalidade, cando 4 mulleres por cada home teñen contratos deste tipo, e máis do 20 por cento das asalariadas traballan a tempo parcial, fronte ao 6 por cento no caso dos homes. É por iso que un 16 por cento das asalariadas galegas están por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional, por un 4,3 por cento dos homes.

Unhas cifras que, segundo denuncia o PSdeG, demostran que os “gobernantes do PP continúan agochándose tralas caretas nun xogo de trato ou susto, no que os bos tratos son sempre para eles e os sustos para as mulleres”.

Firma entre a Secretaría Xeral de Igualdade e a Fegamp
Firma entre a Secretaría Xeral de Igualdade e a Fegamp

Os socialistas denuncian que as mulleres levan unha década cobrando un 22,3 por cento menos que os homes, “unha fenda salarial que evidencia a ineficacia das políticas do PP e que provoca ademais que teñan as pensións máis baixas, unha media de 647 euros polos 1.041 dos homes”, din. Una fenda que, engaden, “é 2,2 puntos incluso maior da que se rexistrada antes da crise”.

“ACTOS INSTITUCIONAIS” DO PPdG

Por iso, a portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, María Pierres, denunciou o

“micromachismo” do goberno galego, que só inclúe servizo de atención a nenos e nenas nos actos relacionados coa posa en valor das mulleres, como o acto institucional do Día Internacional da Muller. 

Pierres invitou ao PP e ao goberno galego a “quitar a careta e atender ás demandas reais da xente” porque, dixo, “aparentando pasan estas cousas, que patinamos e quedamos en evidencia”. Aludiu así á convocatoria dos actos de Presidencia con motivo do Día Internacional da Muller ou da entrega dos premios María Josefa Wonenburger Planells incluíndo servizo de atención a nenos e nenas baixo petición.

Neste sentido, defendeu as iniciativas socialistas que, dixo, marcaron “un necesario punto de inflexión” coa Lei de Igualdade aprobada polo goberno de Zapatero en 2007 ou a Lei do Traballo en Igualdade aprobada polo goberno de Touriño e “paralizada por Feijóo”. “Esa é a nosa herdanza e esas son as nosas credenciais, o bo traballo feito, demostrando que non precisamos disfrazarnos de igualdade porque forma parte de nós”.

PROTESTAS

Este xoves, centos de milleiros de mulleres están chamadas a secundar unha folga ou paros para reivindacar os seus dereitos nunha cita que sindicatos e partidos da oposición cren que terá moita repercusión. Por iso, Feijóo xa criticou que esos actos non se convertan nunha "trincheira política" e que "non se xogue para gañar votos". Pola súa banda, Anova facía este sábado un chamamento a participar nestas protestas e denunciaba a "posición reaccionaria" do PPdeG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Carmucha

digo eu... "Cnto gasta a xunta para loitar contra a igualdade?" ou "Cnto gasta a Xunta en loitar contra a desigualdade?"

2 Censurado

Repito o meu comentario de onte CENSURADO E BORRADO por este panfleto: TODAS AS MULLERES POR DEFINICIÓN SON VÍCTIMAS e TODOS OS HOMES CULPABLES sen presunción de inocencia. Benvido á nova relixión de estado, o feminazismo. Non ir á folga será como non ir á misa no franquismo. O fantasmático 24% de brecha salarial é como o éspíritu santo, ninguén o viu nin o ve nin o verá pero existe, e quen non o crea vive en pecado mortal. E así todo.

1 marijaun

solo!