Temas: XUNTA LUGO

As funcionarias que supostamente se negaron a atender en galego alegan dificultade de enteder o "reintegrado"

Utilizaron á entidade Galicia Bilingüe para enviar un comunicado no que din sentirse "acosadas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2018 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

As funcionarias que supostamente se negaron a atender en galego a unha muller na delegación da Xunta en Lugo negaron os feitos denunciados tanto pola usuaria como pola asociación A Mesa pola Normalización Lingüística e denunciaron unha campaña de acoso a través das redes sociais.

Manifestación de Galicia Bilingüe na que participaron dirixentes do PP e de UPyD
Manifestación de Galicia Bilingüe na que participaron dirixentes do PP e de UPyD | Fonte: elconfidencialautonomico.com

Nun comunicado difundido a través de Galicia Bilingüe, as traballadoras denunciadas sinalan que a usuaria chegou "fóra do horario de atención ao público" e facilitóuselle "toda a información verbal e documental" relacionada co asunto solicitado. "Non foi ata o final da consulta, cando esta cidadá solicitou ser atendida en galego, nun ton moi desagradable, que non se correspondía co empregado até ese momento por ningunha das partes", sinalan.

As traballadoras sinalan que tiveron "dificultade de atender a súa petición" despois que a denunciante empregase "galego reintegracionista, como o que despois empregou no escrito de queixa", e "unha actitude hostil, dificultando en gran medida a súa comprensión".

"Nese momento, a cidadá comezou a faltarnos ao respecto, con comentarios tales como que nos negabamos a falar galego porque eramos da 'sección feminina', ou que 'queriamos que volvese Franco'. Tamén nos dixo que marcharamos de Galicia. Ao vela alterada, un compañeiro ofreceuse amablemente a falar con ela, accedendo á súa petición de ser atendida en galego, algo que ela xa non quixo aceptar". Por iso, cualificaron de "totalmente falso" a suposta negativa a atender á muller en galego.

Finalmente, denunciaron que, a partir deste incidente, "comezou unha campaña de acoso" nas redes sociais e "mesmo telefonicamente", chegando a recibir chamadas de teléfono con comentarios como 'xa es famosa en internet' ou 'por fin lle poño voz á facha', feitos polos que presentaron denuncia ante a Policía Nacional o día 2 de marzo de 2018.

Temas: XUNTA LUGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 41 comentarios

18 Fachasnuncamais

Os podres de GB metidos nesta xa o di todo. De feito deles son a maioría dos comentarios desta nova, adoitan usar estas leas para facerse visibles cando non son máis de 3 fachas coa atención de meios de comunicacion. O foco está en que se negaran a atenderlle en galego, non souberon do reintegrado ata que leron o texto de reclamacion. Funcionárias apologas do fascismo, expediente e a nevera un tempo a pensar e estudar galego

17 Son catro gatos

Agora os lusistas acosando as funcionarias, isto non se pode consentir.

16 Tocabolas

Se non entenden a variante sureña do Toro Idiomático Galaico...enton había que as Expedientar e Despedir por BURRALLANAS...a parte de Fachandeiras....

15 9T98

Outra provocación dos lusistas, se queren administración en portugués que emigren. Esto non é portugal.

14 A Roe-lo

Na minha terra tenho o dereito de ser atendido no meu idioma !!!