Traballadores de xustiza diante do Parlamento: "Nin un paso atrás"

O vicepresidente di que está disposto a "pechar o conflito de xustiza" pero insiste en que non ve asumible a proposta dos traballadores.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/03/2018 | Actualizada ás 10:34

Comparte esta noticia

Máis dun centenar de traballadores de xustiza --aínda que funcionarios seguían chegando antes das 10,00 horas-- concentrouse este martes ante o Parlamento galego con motivo da comparecencia do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, que abordará a folga deste persoal que cumpre o día 7 un mes.

Traballadores da xustiza protestan ante o Parlamento de Galicia
Traballadores da xustiza protestan ante o Parlamento de Galicia | Fonte: Europa Press

"Rueda, escoita, estamos en loita" e "Nin un paso atrás" foron algúns dos cánticos que se escoitaron este martes, mentres unha ringleira de policías se atopaba ás portas da Cámara.

Durante a súa protesta fixeron soar os seus chifres e bucinas, á vez que portaban carteis nos que se podía ler 'Non a discriminación laboral na xustiza galega', con persoal con camisetas coa lema 'Xustiza en loita'.

RUEDA

Por outra banda, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, tendeu a man aos sindicatos para "pechar o conflito de xustiza", pero avisa de que o Executivo autonómico "non pode aceptar" a subida que demandan os sindicatos de "2.700 euros anuais".

Por iso, espera que "haxa a mesma receptividade" de "todos os sindicatos", porque "a maioría desexan unha solución negociada canto antes mellor", nun conflito que considera é "simplemente de carácter económico".

Despois de destacar que a Xunta mantivo 12 reunións cos sindicatos, con catro ofertas económica "á alza", remarcou que a proposta do Goberno galego ofrece un aumento con de uns 1.000 euros anuais de media, pero deixa claro que non ve asumible o incremento salarial que propoñen os sindicatos de "2.700 euros ao ano".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta