Caso de Blusens; xa son cinco detidos

Os investigados por un suposto delito de propiedade intelectual sobre aparellos WebTV, que comercializa Blusens, son xa media decena cun novo investigado en Andalucía.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/03/2018 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

Fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmaron que hai outros dous investigados ademais do tres detidos a pasada semana, entre os que se atopa o propietario da firma de electrónica galega, José Ramón García. O último investigado detido foino en Andalucía coa fin de practicar un novo rexistro e quedou en liberdade logo de  pasar a disposición policial. Outro investigado, que estaba nese momento en Barcelona cando foi localizado, non chegou a ser arrestado.

José Ramón García, fundador de Blusens
José Ramón García, fundador de Blusens | Fonte: Europa Press

A causa instrúea o Xulgado número 3 de Santiago, cuxo titular, Andrés Lago Louro, ordenou retirar da venda o produto, aparellos WebTv, que está baixo a investigación e é segredo de sumario. O produto, coa referencia actual, comercialízase desde hai dous anos cun prezo que vai dos 90 aos 130 euros en función da oferta vixente.

Despois de pasar a disposición xudicial, o fundador da empresa galega de electrónica Blusens quedou en liberdade provisional coa obrigación de comparecer en sede xudicial de forma periódica e coa retirada do pasaporte, despois de ser detido en relación a un suposto delito contra a propiedade intelectual e organización criminal.

DENUNCIA ENTIDADE

A investigación iniciouse pola denuncia dunha entidade que xestiona a propiedade intelectual. Issto fixo pescudar sobre supostos delitos contra a propiedade intelectual vinculados coa comercialización duns receptores WebTV. Desde o martes 27 de febreiro deixaron de funcionar as aplicacións de recepción de sinal de televisión incluídas nos aparellos que comercializaba Blusens. Concretamente, permitían a posibilidade de descargar aplicacións coas que poder conectarse a ligazóns piratas de webs con películas, series e deportes, entre outros contidos.

OUTROS CASOS

No pasado outras causas afectaron a Blusens. Así, en 2012 o xulgado do mercantil número 1 da Coruña condenou a Blusens a cesar na elaboración e distribución do seu catálogo por entender que infrinxía os dereitos de propiedade intelectual de Televés. Tras a quebra de Blusens, José Ramón García está á fronte, desde 2014, da compañía Visualiza Business, que conta con investimentos en diferentes sectores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta