"O nacionalismo español serviu para frear a revolución obreira e os separatismos"

José Álvarez Junco (Vielha, 1942) é un historiador cun amplo currículo tanto académico como autor de títulos. Estivo en Santiago para impartir a palestra “Nación e nacionalismos. Novos enfoques nas ciencias sociais”. Falamos con el sobre os nacionalismos dentro do Estado, a actual situación política creada en Cataluña e do nacionalismo español.

Por Moncho Mariño | Santiago | 09/03/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

-Cal é esa nova visión ou enfoque que necesitan as ciencias sociais sobre o nacionalismo?
As ciencias sociais teñen dado un xiro moi grande nos últimos corenta anos. Antigamente os nacionalismos e as nacións non se cuestionaban, supúñanse como algo natural, que estaban aí, coma ríos ou montañas que nacen por unha creación espontánea dentro da historia humana. É dicir, que os seres humanos naciamos adscritos a unha nación ou determinada identidade. Logo, esas nacións eran unha maneira de ser, uns trazos psicolóxicos e que desas nacións e da súa vida colectiva, nace a lexitimidade política e de aí teñen que saír os estados para ser lexítimos. Despois de moitos anos, un día vemos libros, algúns de grande impacto, de antropólogos, historiadores, psicólogos sociais ou economístas, dedúcese que as nacións son produto da historia. Non son produtos naturais, non levan aí toda a vida, senón que son produto de circunstancias que poden ser políticas, culturais ou económicas, pero fundamentalmente políticas, só algúns casos por economía ou cuestións demográficas. As nacións puideron saír así ou doutra maneira. Por tanto son produto de factores continxentes.

O historiador Álvarez Junco
O historiador Álvarez Junco | Fonte: Abanca

-E o feito lingüístico?
Ese é un feito máis permanente pero tamén evolúe co tempo, mentres que os nacionalismos teñen un factor de continxencialidade e tentan conxelar a sociedade. Tentan establecer unha lingua, a oficial, cunha normativa, obedecer esa normativa que sería o falar ben, mentres que desviarse desa norma sería falar mal. Entón búscase que en todo o espazo que cubre un estado ou unha nación se fale unha única lingua. Iso é típico do nacionalismo. Por exemplo, o nacionalismo vasco baséase no éuscaro, pero esa lingua hai cen anos era moi diversa, case non se entendían entre eles. Entón os nacionalistas sentaron o euscara batua, que é unha forma moi correcta e que se debe aceptar. Todos os nacionalismos tenden a facer o mesmo. Por suposto, o español o primeiro de todo, porque considera dialectos a outras linguas que se falan dentro do Estado español.

-No seu libro “Dioses útiles”, hai unha cita de Edward Gibbon: “os deuses na antiga Roma eran verdadeiros para a pleve, falsos para os filósifos e utiles para os políticos”. Séguese cumprindo esta cita hoxe en día?
Iso é o que creo se aplica nas nacións. As nacións son verdadeiras para a maioría da xente, “somos así, sempre fomos así, sempre seremos así”. O pensador ou a pensadora di “non, isto hai anos atrás era diferente e dentro de tantos anos será tamén diferente”. E a clase política non pensa se é certo ou non, simplemente usa a nación.

-E cales serían os deuses españois?
A ver, a sociedade española está moi secularizada, pero obviamente a nación é o deus máis importante e o que move as paixóns. E en España agora, as nacións están construídas arredor das linguas. Antes puideron estar construidas arredor das relixións, por exemplo.

-E o deus cristiano, católico é útil?
Foi útil no seu momento, pero penso que agora ten un papel escaso. Tivo peso no seu momento como foi co nacional-catolicismo. Ese movemento tiña entre as súas claves a relixón, se non se era católico non se era España, érase a anti-España.

-No seu libro “Mater Dolorosa” analiza claves do nacionalismo español desde o século XIX.
É que ese nacionalismo nace no século XIX, antes non hai nacionalismo. Hai unha identidade, pero non hai o que poderiamos chamar “idea nacional”. Por que? Porque non parte do punto de que os nacionais somos os soberanos, os donos da nación. No século XVIII non se diría que o dono de España fosen os nacionais, era o rei, o soberano-monarca. O nacionalismo español inicia o seu percorrido nas Cortes de Cadiz, "cuando proclama la soberanía nacional, españa es propiedad de los españoles y no puede ser propiedad de ninguna familia ni persona". Esa nación que comeza a construirse a partir do século XIX, empeza a súa vida apoiándose en símbolos que veñen de antes, como a relixión, o rei, etc. Pero esa nación é difícil de construir en termos racionais, por que?  Porque hai moita inestabilidade política, absolutistas, liberais, moderados, progresistas, etc. Así pois, con esta inestabilidade non se poden acadar acordos nin siquera sobre signos como a bandeira ou o himno.

-A bandeira non é o do século XVIII?
No século XVIII Carlos III declara bandeira nacional, que daquela era unha terminoloxía moi moderna, unha bandeira vermella e marela, que só usarán os seus barcos en tempos de guerra. Na guerra contra Napoleón, como Cadiz é un porto e están en tempos de guerra, izaron a bandeira vermella e marela. Pero non se declara bandeira nacional ata 1843, con Isabel II. E mesmo daquela estaba cuestionada polos carlistas, eles tiñan a bandeira branca coa cruz de San Andrés e pouco despois a dos republicanos que teñen a tricolor.

-Para que pode servir o nacionalismo no século XIX?
Pois por exemplo para facer a revolución liberal. Son os liberais os que lanzan a revolución.

-Os liberais burgueses?
Burgueses non. Máis que nada, funcionarios, intelectuais ou militares. Os burgeses, como banqueiros ou empresarios o certo é que non se meten moito en político. Son máis as elites politicas e intelectuais ligadas ao estado. Eses queren modernizar o estado, abrilo á participación política, e para iso toman a idea de nación. Pero sabemos que en España a revolución liberal queda atrancada por moitas razóns. En tempos de O´Donnell queren crear un novo imperio, perderon un e queren outro, métense en aventuras imperiais que son, máis ou menos un fracaso. Queren crear a unión ibérica con Portugal, tampouco funciona, a semellanza dos nacionalismos italiano ou alemán que son nacionalismos expansivos nese momento. Para que acaba servindo o nacionalismo español? Para a reacción, para frear a revolución obreira. O obreirismo é internacionalista, e o nacionalismo dilles: “obreiros non tedes patria, sodes mala xente e a boa xente ten patria”. E tamén contra a secularización, de aí o nacional-catolicismo. E por último contra os separatismos, sobre todo catalán e vasco e contra o galego aínda que este ten menos forza.

-Por que son o vasco e o catalán os dous nacionalismos máis fortes dentro do Estado?
Basicamente por seren as dúas zonas industriais de España. As dúas capitais industriais de España. Bilbao ligada coa economía británica, minería e ferro con iso monta unha siderurxia moi potente. Barcelona monta unha industria do algodón, despois hai máis cousas, pero sobre todo do algodón e culturalmente estea máis ligada a Francia. Esas dúas capitais séntense humilladas polo feito de que unha capital menos potente industrialmente e mesmo culturalmente nalgúns momentos, sexa o centro político.

-E por que segue sendo a capital Madrid?
Porque viña da vella concepción da monarquía absoluta que colocara Felipe II a Madrid como centro xeográfico e político. E viña dunha visión moi centralista dos políticos do século XIX que queren imitar o modelo francés, porque o teñen sempre na cabeza. Os españois da época están pouco concectados coa realidade europea. O español que sae fóra vai a París. E Francia tiña moita influencia no mundo, primeiro coa Revolución Francesa e logo querendo traer o modelo francés. Seguramente ese sexa parte da raíz dos conflitos neste país. Se pensasen noutro modelo o estado podería terse construido doutra maneira.

-Cando fala do modelo francés fala do modelo xacobino?
Si, claro. Unha unidade nacional moi forte, unha capital claramente marcada de onde saen todas as leis. Por que? Pois porque o xacobinismo é de esquerdas. A esquerda radical na época da Revolución Francesa. Por que precisan un modelo tan centralista e homoxéneo? Porque a esquerda quere realizar unha transferencia de rendas das clases altas cara as clases baixas e para iso hai que ter un sentido de unidade e de comunidade moi forte.

-E se falamos do caso catalán agora mesmo?
Pois estamos falando dunha cousa distinta, autónoma. Principalmente porque as elites políticas catalás son, maioritariamente, moi nacionalistas e mesmo independentistas. Pero dentro da opinión pública non está moi claro, non hai apoio que chegue ao 50%, achégase pero non é así, e finalmente porque non teñen apoio internacional. Ningún país europeo que estea interesado en que haxa novos estados nin que se alteren as fronteiras, porque lle pode pasar a ese país. Por exemplo, Francia, que ten dentro territorios que serían considerados irredentos polo nacionalismo catalán.

-Nunha entrevista a Josep Plá hai moitos anos, o autor dicía que o nacionalismo catalán nacera dunha visión moi proteccionista do seu mercado.
O seu mercado era o español. A industria do algodón tirou para o mercado español e mesmo o que quedaba do antigo imperio español, Cuba ou Puerto Rico, estaba en mans de cataláns. Non era a protección para o seu territorio, senón para todo o mercado, por iso os industriais cataláns eran tan españolistas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 a cgt ignora a Galiza

o patriotismo de expañol leva a ignorar os feitos gloriosos dos galegos contra o capitalismo, contra o expañolismo e contra a miseria, tedes perdido moito, o que escribiu isto o que autorizo o panfleto pior moito pior - REVOLTA DAS PEDRADAS A REVOLUCION DAS MULLERES, a garda civil organización de guerra civil o servicio dos grandes poderes disparando contra o pobo para defender os intereses dos acaparadores e dos políticos expañolentos comprados pola moeda ruin pesetaria dos mandriles - http://www.elcorreogallego.es/galic...

3 CGT SINDICATO EXPAÑOL

CGT SINDICATO EXPAÑOL DE PODREIROS-VIEIRISTAS-COMUNISTAS AND COMPANY: 1 paxina adicada a reina de castela xoana a tola 2 paxina (en expañol eh todo en expanish) antecedentes de la huelga de mujeres del 8m en la revolución rusa 3 paxina huelga de mujeres instrumento de lucha, aristofanes-lisistrata seguinte paxina PERDERON A "PUTA CABEZA: mujeres esenciales en el movimiento feminista SEGUN O SINDICATO CGT DE EXPAÑOL PODREIROS ISTO NON SE SOSTEN POR NINGURES SABEN: hatshepsut la mujer faraona, juana de arco, crisitna pisan, olype de gouges, mary wollstonecraft DAS DOUS PRIMEIRA NADA DE NADA E DAS OUTRAS TRES SI, clara Campoamor e simonde beavoir TAMEN (todo esta en andalusí).... DESPOIS FALAN DA REVOLUCION DAS FAENERAS EN MALAGA!!!!! - SEÑORES NON FALAN DA REVOLTA DAS PEDRADAS EN FERROL TERRA, AS DOUS (MALAGA E FERROL) DO ANO 1918...

2 cgt sindicato de expañol

expaña e porquería aquí esta o panfleto distribuido polo sindicato cgt (podreiros-vieiristas) en castelan na folga da feminista: JUANA DE CASTILLA, LA OTRA HISTORIA, juana de castilla, Toledo 1470-tordesillas 1555 mas conocida como juana la loca si nos preguntaran seguro que lo primero que nos vendría a la cabeza seria la imagen de una mujer enajenada peregrinando con el cadáver se su esposo muerto por el reino de castilla esta es la impronta que ha dejado en la historia. Pero a esas alturas a nadie se nos escapa la historia nos la han contado mentes ilustradas al servicio del poder establecido...

1 Anonimo

El naziona limo español es igual que el na zis mo