GC Aberto

O Colexio Maior La Estila acolleu a fase final de Galicia da 51 edición do Congreso Universitario Foro UNIV´18,

Mozos universitarios de toda Galicia danse cita no Colexio Maior La Estila para celebrar a fase galega do Congreso universitario Foro UNIV´18 e presentar traballos co tema de fondo do futuro do home, xa que nesta ocasión o congreso levaba por título “Repensando o Futuro ( Rethinking the future)”.

Por CMEstila | GC ABERTO | 09/03/2018

Comparte esta noticia

Actuaron como xurados deste premio que conta xa con 51 edicións o profesor da Universidade da Coruña, José Manuel Estévez Saa, e os profesores da Universidade de Santiago David Chao Castro e Jorge Eiras.

Estudantes no Pazo de San Xerome, sede da USC
Estudantes no Pazo de San Xerome, sede da USC | Fonte: sostenibleycreativa.org


Entre os premiados nas diferentes categorías de Relatorio, Arte, e Foro de iniciativas sociais temos a Luís Alcalá, Sebastián González, Manuel Sande, Iago Fernández, Jorge Quinteiro, Santiago Quiroga e Tomás Somoza.


O Foro UNIV é un foro internacional de diálogo, aberto e plural sobre as principais cuestións que afectan á persoa e á sociedade do noso tempo. Un punto de encontro para a comunicación e o debate universitario. En definitiva, un foro multidisciplinar de diálogo permanente. O UNIV é un encontro universitario que se remonta a 1968, e ten unha fase rexional que se celebra nos distintos países e unha fase final que se realiza en Roma, na que cada ano participan varios miles de estudantes universitarios que pasan a Semana Santa nesta cidade. Así teñen a oportunidade ao longo desa semana, de participar en encontros culturais, congresos, conferencias, mostras e concertos que ofrecen aos participantes a ocasión de profundar nas temáticas específicas do mundo universitario, cunha particular atención ao espírito de servizo cara aos máis necesitados. A organización xeral a nivel mundial corresponde ao Istituto per a Cooperazione Universitaria (ICU), entidade sen ánimo de lucro, fundada en 1966. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta