CxG busca repetir un Galeusca para as europeas

O Secretario Xeral de CxG apunta a unha nova reedición do seu pacto co PNV. No aire queda unha coalición maior con formacións nacionalistas catalás.

Por Moncho Mariño | Santiago | 07/03/2018 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A interevención dos dous máximos representantes de CxG para dar conta da súa reunión con dirixentes do PNV, tamén serviu para avanzar que "é intención de Compromiso traballar na reedición da esencia política de Galeusca nas seguintes eleccións europeas e nese mesmo caimiño coincide o PNV", como dixo o secretario xeral Piñeiro Docampo.

Piñeiro Docampo (dereita) Villamayor (esquerda)
Piñeiro Docampo (dereita) Villamayor (esquerda)

Sobre se se están dando contactos no mesmo sentido con forzas catalanas, Orlando Vilamayor, secretario de Organización, anunciou: "estamos mantendo tamén conversas con forzas de Catalunya, pero isto está máis verde e en estado inicial".

Durante a viaxe a Euskadi da dirección de CxG, tratouse, entre outros puntos, a petición ao PNV para a negociación dos Orzamentos do Estado, de ter en conta a carga de traballo para o estaleiro Navantia de Ferrol e a construción das F-100. Para axilizar esta petición, na visita que realizará a dirección do PNV a Galicia, o seu máximo reponsable, Andoni Ortuzar, reunirase co comité de empresa de Navantia.

O secretario xeral de CxG, Piñeiro Docampo, declarou que "é unha pena que Galicia non teña unha voz propia en Madrid, o figurado grupo confederal de En Marea non traballa en clave galega e non pon os problemas de Galicia no debate estatal".

PEDIATRAS NO RURAL

Piñeiro anunciou tamén avances na campaña de pediatras no rural. A petición presentada por CxG no Parlamento de Galicia, ten o informe favorable da mesa do órgano lexislativo galego. Agora corresponde á xunta de portavoces darlle adiante á iniciativa que xa ten 2000 sinaturas de apoio, mentres que a dirección de CxG conta con chegar ás 2500.

Un acto de CiU, PNV e BNG nos mellores tempos do Galeusca
Un acto de CiU, PNV e BNG nos mellores tempos do Galeusca

“Entendemos que unha proposta de dotar Galicia de pediatras a 15 minutos de calquera poboación de 500 veciños, ten que ser tratada no Pleno da Cámara, por iso demandamos de BNG, PSOE ou En Marea que defendan esta iniciativa para que non decaia” declarou Piñeiro Docampo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 Leo Rodrígues

Non sabiamos que aínda existise CXG. Basicamente foi a pantalla duns cuantos transfugas do BNG e do cacique de Lalín para seguir chuchando. Pero compróbase que o que de verdade lles motiva son as redes clientelares do PNV e CiU, o partido do 3% dirixido polo procesado Mais e do gran capo Pujol

1 unmais

Non sei quen es pero estou certo de que non fixeste nin a decima parte do que esta facendo polo país o que ti chamas despectivamnete o "cacique de Lalin".

2 Fuilco

Oe unmais, non serás o mesmo ao que pillaron cunha identidade falsa montando unha campaña de acoso con recollida de firmas contra unha concelleira e que logo tivo que retractarse ante o xuíz?

3 Vijo

Oe

3 adiante e animo

e boa idea e mais tendo en conta os abusos de expaña contra as nacions contra a periferia e non soamente galiza-catalunya e euskade, outros tamen están sendo atacados nomeadamente valencia, polo tanto e dado a gravedade da situación debería facerse confluencia de forzas nacionalistas do estado (seguindo o establecido en galeuska) para deter o partido populeta e denunciar a complicidade de pe$oe e podreiros, a represión xeneralizada sobre Catalunya non seria posible sen o colaboracionismo pe$oe, e todo o desastre non existiría sin a actuación alucinatorio do podreiro o entregacionismo o pepeiro de Waldo das JONS o chamado coletas - considero ben pero que debería ampliarse o proponer ampliarse a outras forzas e outras comunidades dentro do limpio campo nacionalista

2 Ben

Fan ben, a solidariedade entre as nacións oprimidas polo Estado é fundamental se se quere chegar a calquera recoñecemento.

1 Comprometidos

Cero votos no feudo de Vilar de Santos e en vez de disolver o chiringuito estes cambiapartidos apostan por seguir dando pena. Non ían sacar moitos votos dicindo Galicia e sendo xa a cuarta forza politica como dixera Ascuas antes da excision de Terra Galega?