O cura que tamén defende os seus fregueses ante a Deputación

O cura de Xestoso, Luis Ángel Patiño, pídelle ao organismo provincial coruñés que manteña as estradas limpas para evitar accidentes en zonas rurais.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 07/03/2018 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A Luis Ángel Rodríguez Patiño, crego de Xestoso, gústalle estar no ollo do furacán. Cando aínda están frescas as súas críticas contra a homofobia da xerarquía católica introducindo o tema no Belén dunha das parroquias que atende, ou as peticións de expulxión de Rajoy da Igrexa,  Rodríguez Patiño volve á carga.

Estrada en Irixoa, onde tivo lugar un accidente por falla de mantemento
Estrada en Irixoa, onde tivo lugar un accidente por falla de mantemento | Fonte: Cura de Xestoso

Desta volta decidiu arremeter contra a Deputación en aras de defender a seguridade dos seus fregueses. Segundo o relixioso, o pasado domingo caeu un piñeiro enriba dun coche en Irixoa. “Era un  accidente que se vía vir sen que a Deputación procedese á súa tala”, criticou nun comunicado. 

Así, lembrou que na estrada se acumulan restos das follas do piñeiral, favorecendo a patinaxe dos vehículos que transitan pola vía e que ao non se limpar as cunetas prodúcese o efecto de aquaplaning. Por este motivo, dirixiu un escrito ao ente provincial para que atenda a vía, que é da súa titularidade, de xeito urxente.

Tamén esixe a limpeza “en condicións” para garantir a seguridade do tráfico e que se adopten “as medidas oportunas para manter a vía”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta