Inditex, Citroën, Pescanova, Adolfo Domínguez, Gadis, Ence, Alcoa... o paro déixase notar nas empresas galegas

Os paros convocados neste día internacional da muller para reivindicar a igualdade real e contra as fendas laborais deixáronse notar, aínda que con distinta intensidade, en grandes empresas galegas como Inditex, Citroën, Pescanova, Adolfo Domínguez, Gadisa, Ence e Alcoa, entre outras.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2018 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

Os paros convocados neste día internacional da muller para reivindicar a igualdade real e contra as fendas laborais deixáronse notar, aínda que con distinta intensidade, en grandes empresas galegas como Inditex, Citroën, Pescanova, Adolfo Domínguez, Gadisa, Ence e Alcoa, entre outras.

Manifestación este 8M en Galicia
Manifestación este 8M en Galicia | Fonte: Europa Press

Así, no caso do grupo de Amancio Ortega, a xornada reivindicativa coincide cun día non laborable na Coruña e tampouco en Arteixo, onde se atopa a sede e un elevado número de traballadores.

No resto de localidades, aínda que a firma non facilita datos, traballadores de distintas tendas do grupo secundaron os paros parciais, como é o caso das de Massimo Dutti e Bershka no centro comercial As Cancelas de Santiago e o Zara da praza de Galicia, excepto as encargadas, segundo informa a CIG. Tamén de acordo coa central nacionalista, máis do 50% do cadro de Bershka de Xeneral Pardiñas e da praza Roja pararon.

No que respecta a Pescanova en Chapela, a central sindical asegura que o seguimento do paro foi do 100%, como en Bimba & Lola. No ámbito téxtil tamén, fontes de Adolfo Domínguez ratificaron que empregadas da empresa secundaron os paros.

Precisa, con todo, que os traballadores de Adolfo Domínguez participaron de forma "masiva" nun paro de 15 minutos reivindicando a igualdade de xénero. O paro produciuse entre as 11,15 e as 11,30 horas fronte á sede central da empresa en San Cibrao (Ourense). "A dirección da compañía de moda de autor quixo mostrar o seu apoio a esta reivindicación facilitando a celebración do evento e dando ademais total liberdade horaria para que as empregadas e empregados que así o quixesen sumásense a actos relacionados co 8M celebrados fóra da empresa", indica a compañía.

Xornada de folga e manifestación feminista en Vigo, no Día Mundial da Muller
Xornada de folga e manifestación feminista en Vigo, no Día Mundial da Muller | Fonte: Miguel Núñez

GADISA, ENCE E CITRÖEN

En canto a Gadisa, a CIG asegura que a incidencia do paro "até foi visible" neste grupo, aínda que os supermercados, que foron escenario de piquetes informativos por parte dos sindicatos en moitas cidades, funcionaron maioritariamente con normalidade.

Os paros alcanzaron tamén á factoría de Ence en Pontevedra, onde a maior parte das mulleres desenvolve os seus traballos nas oficinas e non na fábrica --aquí tamén teñen presenza, pero unha porcentaxe reducida--. O mesmo ocorre en Alcoa, onde fontes sindicais resaltan os paros realizados tanto por homes como por mulleres en favor da igualdade.

Na planta de Citroën en Vigo, fontes da empresa din que o seguimento foi "mínimo", nun cadro tamén maioritariamente masculina pero na que ao redor dun milleiro de persoas son mulleres (sobre o 19%). Enmárcano nunha política de igualdade e "diálogo maduro" cos sindicatos "que permite celebrar esta data --segundo remarcan-- con accións concretas" e traballando "con normalidade".

O sector conserveiro, no que o 75% dos traballadores son mulleres e un 70% da contratación indefinida, segundo a patronal, sentiu os paros tamén de maneira desigual este xoves.

Consultado o secretario de Anfaco, Juan Vieites, mentres o 80% do cadro optou polo paro parcial en conserveiras como Jealsa-Escurís, segundo as súas estimacións, no Grupo Atunlo foi á inversa, e o 80% decantouse pola folga de 24 horas. Segundo apunta, foron decisións tomadas "en concorrencia" coas empresas, e nun contexto no que as partes dispoñen dun convenio colectivo e unha equiparación "practicamente total", con táboas salariais "iguais".

A CIG tamén informa de seguimento entre as empregadas de Nestlé en Pontecesures, na fábrica de Cerámicas o Castro en Sada, na planta de Einsa nas Pontes, en Geriatros Ferrol, en Telecom en Arteixo e en servizos como o de axuda no fogar de Forcarei, entre outros.

Xornada de folga e manifestación feminista en Vigo, no Día Mundial da Muller / Miguel Núñez Xornada de folga e manifestación feminista en Vigo, no Día Mundial da Muller / Miguel Núñez
Xornada de folga e manifestación feminista en Vigo, no Día Mundial da Muller / Miguel Núñez Xornada de folga e manifestación feminista en Vigo, no Día Mundial da Muller / Miguel Núñez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 Cinismo

El psoe goberno españa y no hizo nada por la igualdad asi que no seamos cinicos señor sanchez por lo menos el cobarde de rajoy en su linea no hace nada

4 cgt que carallo dis

non entendo o da central sindical cgt (anarquismo) daban un.has duas paxinas e moito era en castelan (en andalusí de expaña) na primeria folla falaban de juana a tola a malafadada reina de castela que si non tiña dote e que foi abandoada pola nobreza castela, pero eu non vexo que sexa un tema feminista enton o da sua nai Isabel a católica era "feminismo" e moito menos folga, logo falaban da revolución rusa pero de mulleres que nin sequera participaron na revolcuión rusa do 17 creo que utilizan o tema da opresión da muller para facer política, pero política española e de dereitas... folga nos medios, o dos mareados do podreiro tentando chupar cámara despois de non facer nada e moito!!!! o da "caralla quedouse mais ben en carallada!!!- a min non me enganades

1 O que queda do BNG

Juana a tola és ti Gonzalito.

3 Entre lilas e lailas

Penso que está ben que se berre contra o machismo, mais facer da loita contra o machismo un lema central...Estamos a falar dunha folga laboral e social, sería mais axeitado loitar contra o patriarcalismo, orixe do machismo e as diferenzas laborais e de dereitos entre homes e mulleres. Afondando mais no social e idelóxico, que non quedarse no aspecto mais criminal e impactante coma o machismo, que sempre pode ser lema central de calquer manifa que aconteza.

2 Barbienchachiguayprogrelandia

u teño moito máis que ver con moitos dos homes que me rodean que non con xente coma esta malia que comparta o seu sexo (si, sexo, porque eu non son un xénero. Nin a Beauvoir lle gustaría que a manipulasedes ata ese punto): http://www.elmundo.es/f5/2016/05/04... Non, este non é o camiño. Alguén ten que dicilo antes de que a última esperanza da luz se esvae e saibamos que non hai fendas para que entre. Hai uns días entereime de que o sindicato ao que pertenzo (cada día con máis desgana) me enviaba mensaxes sen parar para acudir á folga e a manifestación... E simplemente fíxenme unha pregunta: cando deixei de estar nun sindicato de clase? E que os meus problemas coma traballadora son os mesmos das estrelas de Hollywood? Non, os meus problemas son os dos meus compañeiros agudizados polo machismo inda persistente.

1 Barbienchachiguayprogrelandia

Para pensar: https://www.elconfidencial.com/cult... Máis alá da burbulla informativa na que vivides... Envéxovos, a min tamén me gustaría ver a vida en branco e negro. https://elpostblanco.com/2017/04/25... Pero non podo... Eu solidarízome cos seres humanos sendo consciente da discriminación que aínda hoxe sufrimos. Mañá será outro día. Outra nova ocupará os medios das vosas burbullas e sen darnos conta estaremos máis indiviudualizados, máis atomizadas as nosas loitas... Que os que se din de esquerdas contribúan a isto... Dá que pensar? En verdade pódese ser de esquerdas e calar que este era o Día da Muller Traballadora? E